Mércores, 01 de Febreiro de 2017

2017/02/01: Reunión (II) do equipo de coordinación do proxecto LIFE BACCATA

O proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790) celebrou o mércores 1 de febreiro de 2017 no Centro para a Defensa contra o Lume (CDF) de León, a segunda reunión do seu equipo de coordinación. Neste novo encontro tratáronse diversos aspectos relativos á posta en marcha do proxecto, así como se coordinaron diversas tareas a realizar no ano 2017.
 
O beneficiario coordinador do proxecto é o IBADER do Campus de Lugo da USC, e conta con outros 3 beneficiarios asociados: Fundación CESEFOR, Junta de Castilla y León e HAZI Fundazioa. O orzamento global son 1.925.104 €, cofinanciado pola Unión Europea nun 75% (1.441.649 €), proporción que supón o máximo que outorga a convocatoria LIFE para aqueles proxectos que son considerados como prioritarios para a súa execución e posta en marcha.


 
O proxecto LIFE BACCATA posúe como obxectivo a mellora do estado de conservación do tipo de hábitat prioritario 9580* “Bosques mediterráneos de Taxus baccata” en 15 Espazos Protexidos da Rede Natura 2000 da Cordillera Cantábrica, mediante o incremento da súa área de ocupación, a mellora da súa estrutura e funcionalidade, así como das súas perspectivas futuras. O proxecto abrangue igualmente unha serie de medidas de difusión e transferencia dos resultados acadados, así como un programa de información e sensibilización ao público en xeral sobre a importancia do hábitat 9580*, os valores da biodiversidade albergada, e os servizos prestados polos ecosistemas abordados polo proxecto.
2017/02/01: Reunión (II) do equipo de coordinación do proxecto LIFE BACCATA
Compartir
 
Voltar