Luns, 13 de Marzo de 2017

2017/03/13: Workshop Internacional: AS IDADES DA AUGA.

Workshop internacional: AS IDADES DA AUGA. As augas construtoras de paisaxes
Fundación Juana de Vega (Escola Galega da Paisaxe)
 

A Escola Galega da Paisaxe organiza do 3 ao 7 de abril, un seminario internacional centrado na Eurocidade Chaves – Verín, para estudar o papel da auga como construtora da paisaxe.
 
Desde hai miles de anos, as augas debuxaron e debuxan territorios. Hoxe é precisa unha reflexión desde o ámbito da paisaxe sobre a súa configuración, reciclaxe e ordenación. O impacto dos novos usos e as novas infraestruturas de comunicacións, o vasto Patrimonio Termal e rural abandonado e a calidade ambiental do mesmo, fan máis necesaria se cabe esa reflexión. Ademais, estas paisaxes deron lugar a un novo concepto de estudo  denominado "therapeutical landscapes", no que conflúen os valores ambientais e de saúde que teñen nas orixinais paisaxes termais a súa referencia.
 
Este Seminario, organizado pola Escola galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega está dirixido  a todas as persoas interesadas na xestión da paisaxe, e nel participarán profesores de diversos ámbitos, expertos no papel da auga como construtora da paisaxe.  O programa ten por obxecto: divulgar o territorio e os recursos do lugar; incorporar o termalismo e a paisaxe como obxectos de investigación; e formular propostas que sirvan como base para a xestión e ordenación territorial de Verín – Chaves, para o desenvolvemento de futuros proxectos europeos, de selo caso.
 
Profesorado
 
João Nunes: Arquitecto Paisajista, docente en diversas Universidades, e fundador e Director do Atelier de Arquitectura Paisagista PROAP con intervencións paisaxísticas a nivel global.
 
Paul T. Simons: Arquitecto especialista en patrimonio histórico e turismo termal, fundador de  Simons Associates ex director de promoción da cidade de Bath  e secretario de Great Spas of Europe.
 
Barbara van der Wee: Doutora Arquitecta, experta en paisaxes culturais, profesora da Universidade de Ku Leuven  (Bélxica) e asesora técnica na candidatura The Great Spas of Europe.
 
Mario Crecente: Dr Aquitecto, profesor e director de Crecente Asociados, activando os recursos naturais e culturais para un turismo sostible, con especial atención a Paisaxe Termal.
 
Luis de Ramón Sánchez: Xeólogo. Xefe de División de Hidroxeoloxía en Geotecnia y Cimientos SA (GEOCISA). Experto en augas termais e minerais.
 
Mercedes Máquez Roel: Master en Xardinería e Paisaxe, membro do Grupo de investigación da Escola Galega da Paisaxe e docente do Máster Juana de Vega de Arquitectura da Paisaxe.
 
Programa
 
Luns 3 de abril de 2017
16:00 - 17:00 Recepción (Verín): A cargo dos representantes das entidades participantes
17:00-20.00 Visita previa Xeral A cargo dun representante da Eurocidade
 
Martes 4 de abril de 2017
10:00 - 13:00 Seminario (Chaves) Mario Crecente / Mercedes Máquez 
13:00 - 16:00 Visita Ruta termal e da auga "Beber a auga" (Verín)
16:00 - 19:00 Obradoiro. João Nunes / Mario Creciente / Mercedes Máquez
 
Mércores 5 de abril de 2017
10:00 - 13:00 Seminario (Chaves). João Nunes / Paul Simons 
13:00 - 16:00 Visita Ruta termal e da auga "Baño Termal" (Chaves)
16:00 - 19:00 Obradoiro. João Nunes / Mario Creciente / Mercedes Máquez
 
Xoves 6 de abril de 2017
10:00 - 13:00 Seminario (Chaves). Barbara Van der Wee/ Luis de Ramón Sánchez
13:00 - 16:00 Visita Ruta termal e da auga "Camiñar a Auga" (Vidago) Balneario Pedagógico 
16:00 - 19:00 Obradoiro. João Nunes / Mario Creciente / Mercedes Máquez
 
Venres 7 de abril de 2017. Verin,
10:00 - 12:00 Presentación final dos traballos
12:00 - 13:00 Presentación aos medios
13:30 - 14:00 Clausura (Verín)
 
DATA:
3 al 7 de Abril 2017. De 10 a 19 horas. Luns de 16 a 20 h. Venres de 10 a 14 h. 
 
LUGAR:
Luns e venres: Sede Eurocidade, Verín
Martes, mércores e xoves: Fundación Nadir Afonso, Chaves
 
Selección de alumnos
Das inscricións formalizadas seleccionarase a un máximo de 25 participantes. Para facer a selección valorarase a adecuación do perfil académico e profesional dos solicitantes á actividade a desenvolver no workshop.
 
Matrícula:
O importe da matrícula é de 180€: Inclúe material docente e hospedaxe en Chaves ou Verín, almorzo, café e xantar.
Matrícula reducida de 50 € para desempregados, alumnos e exalumnos do Máster de arquitectura da Paisaxe Juana de Vega, e para as persoas que non precisan de hospedaxe.
Formulario de inscrición (ata o 28 de marzo)
 
Organiza:
Escola Galega da Paisaxe
 
Patrocina:
Eurocidade Chaves- Verín e Deputación de Ourense.

Mais información:
info@juanadevega.org
ou no teléfono: 981.65.46.37

http://juanadevega.org/es/

 
2017/03/13: Workshop Internacional: AS IDADES DA AUGA.
Compartir
 
Voltar