venres, 12 de maio de 2017

2017/05/12: O proxecto LIFE BACCATA participa nun evento de servizos ecosistémicos en Tallinn (Estonia)

O IBADER, como beneficiario coordinador do proxecto LIFE BACCATA, asistiu ao evento "COSTING THE EARTH? – TRANSLATING THE ECOSYSTEM SERVICES CONCEPT INTO PRACTICAL DECISION MAKING", organizado polo LIFE VIVA GRASS en Tallinn (Estonia).

O evento abordou todos os aspectos estratéxicos da inventariación e valoración dos servizos prestados polos ecosistemas, así como a toma de decisión baseada neste enfoque que na actualidade se está a convertir como unha das alternativas de maior aptitude para valorar as repercusións que as nosas actividades posúen sobre o medio ambiente.

Ao evento asistiron máis de 100 asistentes que proviñan de 18 países, a maior parte Estados membros da UE. No transcurso das diferentes sesións, os membros do IBADER intercambiaron puntos de vista e compartiron coñecementos e metodoloxías co resto de asistentes, resultando unhas xornadas moi proveitosas ao mesmo que satisfactorias, permitindo a replicabilidade das accións de LIFE BACCATA ao resto de proxectos, e incorporando as leccións aprendidas polos mesmos ao ámbito do proxecto coordinado polo IBADER. O coñecemento doutras realidades a través dos diferentes proxectos implicados, posibilitou que xurdisen tamén interesantes contactos que no futuro se poden materializar en posibles colaboracións para desenvolver novos proxectos, investigacións ou intercambios de información.
2017/05/12: O proxecto LIFE BACCATA participa nun evento de servizos ecosistémicos en Tallinn (Estonia)
Compartir
 
Voltar