Venres, 09 de de 2017

2017/06/09: 25 anos de proxectos LIFE dende Galicia sobre natureza, biodiversidade e acción polo clima

Organiza: USC
Colaboran: Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Lugo, Comisión Europea DG Medio Ambiente.
Sede do acto: Casa do Saber. Praza Pío XII, 27001, Lugo (España)
Data: Venres, 09 Xuño do 2017
Hora: 18:00 – 20:00 horas.
Nº Prazas: 100 (aforo do local)
Asistencia libre: ata completar aforo do local
 
Contacto: Luisa Vázquez
Correo electrónico: vr.desenvolvemento@usc.es
Teléfono: 982821505
 
Celébrase o 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e da posta en marcha do programa europeo LIFE, avaliando o seu impacto e vantaxes sobre o medio ambiente durante un cuarto de século. Para iso planease unha xornada que permita achegar á sociedade en xeral, e aos axentes implicados en particular (administracións, xestores, entidades locais, organizacións non gobernamentais ...), os principais resultados dos proxectos LIFE de Natureza e Acción polo Clima que durante os últimos 25 anos desenvolvéronse en Galicia, e nos que diferentes equipos da Universidade de Santiago de Compostela formaron parte como coordinadores ou asociados.
 
O evento contará coa participación de membros dos equipos dos seguintes proxectos LIFE, que transmitirán á audiencia o grande paso que supuxo a execución e posta en marcha de cada un deles, a través dos resultados, os desafíos superados, os beneficios ambientais proporcionados e o coñecemento xerado.
 
O acto iniciarase cunha mesa inicial de presentación que contará coa participación das seguintes administracións, entidades locais e organizacións vinculados á execución e xestión dos proxectos LIFE involucrados neste acto:
 
  • Universidade de Santiago de Compostela (USC)
  • Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
  • Comisión Europea. Programa LIFE
  • Deputación de Lugo
  • Concello de Lugo
 
A continuación presentaranse os Proxectos LIFE convocados para esta xornada, cuxos relatores serán:
   
Cada un dos relatores presentará á audiencia o gran paso que supuxo a execución e posta en marcha de cada un destes proxectos, a través dos seus resultados, os desafíos superados, os beneficios ambientais proporcionados e o coñecemento xerado.
 
Finalmente abrirase un pequeno espazo para que os asistentes poidan realizar algunha pregunta ou solicitar algunha aclaración acerca dos proxectos expostos.
 
2017/06/09: 25 anos de proxectos LIFE dende Galicia sobre natureza, biodiversidade e acción polo clima
Compartir
 
Voltar