O Campus Terra celebrou o pasado venres, 9 de xuño, o 25 aniversario da aprobación da
Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE) e da posta en marcha do programa europeo
LIFE, avaliando o seu impacto e vantaxes sobre o medio ambiente durante un cuarto de século. Para iso tivo lugar unha xornada que permitiu achegar á sociedade os principais resultados de 4 proxectos LIFE de Natureza e Acción polo Clima que durante os últimos 25 anos se desenvolveron en Galicia, e nos que diferentes equipos da Universidade de Santiago de Compostela formaron parte:
Os relatores presentaron á audiencia o gran paso que supuxo a execución e posta en marcha de cada un dos proxectos, a través dos seus resultados, os desafíos superados, os beneficios ambientais proporcionados e o coñecemento xerado. O IBADER, pola súa parte, participou a través do
LIFE Baccata, en calidade de coordinador, e do LIFE Tremedal, como asociado.