Venres, 30 de de 2017

2017/06/29: Celebrado o Primeiro Seminario Técnico LIFE BACCATA


O pasado xoves 29 de xuño de 2017 celebrouse o Primeiro Seminario Técnico no marco do proxecto LIFE BACCATA "Conservando e restaurando os bosques de teixo na Cordilleira Cantábrica". Ao acto asistiu unha numerosa audiencia, e foi organizado pola Junta de Castilla y León no Centro de Defensa para el Fuego (CDF), contando coa presenza de Don Juan Carlos Suárez-Quiñones y Fernández, Consejero de Medio Ambiente, e de Dona Isabel García Álvarez, Xefa de Servizo Territorial de Medio Ambiente en León. Ester persoeiros se manifestaron satisfeitos e agradecidos polo desenvolvemento de novos proxectos e iniciativas no ámbito da conservación da biodiversidade e do patrimonio natural.




O obxectivo principal deste primeiro seminario foi dar a coñecer o proxecto LIFE BACCATA, e o programa LIFE en xeral, involucrando a diversos sectores da sociedade na necesidade de preservar os teixadais (hábitat de interese comunitario prioritario 9580 *) das ameazas e problemas de conservación que lles afectan.
 
O proxecto LIFE BACCATAcoordinado polo IBADER de Lugo, pretende a mellora do estado de conservación do tipo de hábitat prioritario 9580* “Bosques mediterráneos de Taxus baccata” en 15 Espazos Protexidos da Rede Natura 2000 da Cordillera Cantábrica e pertencentes a Galicia, Castilla y León, e Euskadi, mediante o incremento da súa área de ocupación, a mellora da súa estrutura e funcionalidade, así como das súas perspectivas futuras. O proxecto abrangue igualmente unha serie de medidas de difusión e transferencia dos resultados acadados, así como un programa de información e sensibilización ao público en xeral sobre a importancia do hábitat 9580*, os valores da biodiversidade albergada, e os servizos prestados polos ecosistemas abordados polo proxecto.





Aproveitando a celebración do seminario, o partenariado do proxecto visitou previamente diversas localidades de teixedais da Cordilleira Cantábrica en compañía do equipo externo de monitoreo LIFE (NEEMO), que se atopaba realizando a visita de seguimento anual. Os monitores salientaron a excelente coordinación entre os diferentes socios do proxecto LIFE BACCATA, que se manifestou na capacidade de convocatoria da audiencia que asistiu ao seminario en León.


2017/06/29: Celebrado o Primeiro Seminario Técnico LIFE BACCATA
Compartir
 
Voltar