Mércores, 05 de Xullo de 2017

2017/07/05: Curso de Verán: As plantas medicinais nas Reservas de Biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

Datas de celebración: 17, 18, 19 e 20 de xullo
Dirección: Antonio Rigueiro Rodríguez e Rosa Romero Franco
Secretaría: Ruth María Barros Camba
Lugar de celebración: Instituto Universitario de Investigación de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) Campus Universitario de Lugo; Estación Científica do Courel, Seoane do Courel

O desprazamento desde Lugo á Estación Científica do Courel realizarase en autobús que disporá a organización do curso.

Nº de horas lectivas: 30
Límite de alumnos: 50
Matricularse neste curso

PROGRAMA
 
Día 17 (IBADER)
 
9:30
Acollida de participantes, entrega de documentación e inauguración do curso
 
10:00
Historia da utilización das plantas medicinais
Pablo Ramil Rego. Doutor en Bioloxía. Profesor Titular de Universidade do Departamento de Botánica da USC
 
12:00
Principios activos das plantas medicinais. Actividade terapéutica dos principais grupos
Nicanor Floro Andrés Rodríguez. Doutor en Farmacia. Titular e Director Técnico de Oficina de Farmacia en Vigo
 
16:00
Procesado industrial das plantas medicinais. Exemplo da empresa Milhulloa
Mª Carmen Valiño Vázquez, Licenciada en Bioloxía; Mª Jesús Expósito Casal, Licenciada en Farmacia. Milhulloa Plantas Medicinais e Aromáticas Sociedade Cooperativa Galega
 
18:00
Taller de cosmética natural: Elaboración de crema hidratante e loción para despois do afeitado a base de extractos Naturais
Mª Carmen Valiño Vázquez, Licenciada en Bioloxía; Mª Jesús Expósito Casal, Licenciada en Farmacia. Milhulloa Plantas Medicinais e Aromáticas Sociedade Cooperativa Galega

 
Día 18 (ESTACIÓN CIENTÍFICA DO COUREL)
 
10:00
Viaxe de prácticas pola Serra do Courel
Manuel Antonio Rodríguez Guitián. Doutor en Bioloxía. Profesor Contratado Doutor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela; María Moure Oteyza. Licenciada en Farmacia; Ruth Mª Barros Camba, Doutora Enxeñeiro Agrónomo, e outros profesores do curso
 
16:00
Importancia económica do aproveitamento das plantas medicinais. Mercado internacional e nacional. Vantaxes e inconvenientes da recolección de poboacións silvestres (caso concreto da equinácea)
Ruth Mª Barros Camba. Doutora Enxeñeiro Agrónomo
 
18:00
Uso de plantas medicinais na Serra do Courel
María Moure Oteyza. Licenciada en Farmacia

 
Día 19 (IBADER)
 
10:00
Viaxe de prácticas:
Saída de recoñecemento de plantas medicinais na Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Manuel Antonio Rodríguez Guitián. Doutor en Bioloxía. Profesor Contratado Doutor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela; Rosa Romero Franco; Antonio Rigueiro Rodríguez; Ruth Mª Barros Camba
 
16:00
Influencia dos factores ambientais na síntese e concentración de principios activos
Pilar González Hernández. Doutora en Bioloxía. Profesora Titular do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela
 
18:00
Cultivo ecolóxico das plantas medicinais. Posibilidades en Galicia
María Belén Díaz Hernández. Doutora Enxeñeiro Agrónomo. Profesora Contratada Doutora do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC
 

Día 20 (IBADER)
 
10:00
Plantas con interese medicinal nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá
Antonio Rigueiro Rodríguez. Doutor Enxeñeiro de Montes. Catedrático do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela.
 
12:00
Fungos medicinais
Arturo Rodríguez Blanco. Doutor en Bioloxía. Empresa Hifas da Terra
 
16:00
Sistemas Agroforestais con plantas medicinais en Galicia
Rosa Romero Franco e María Rosa Mosquera Losada. Doutoras en Bioloxía. Profesoras Titulares do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría e Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela
 
18:00
Acto de clausura e entrega de certificados e/ou diplomas
2017/07/05: Curso de Verán: As plantas medicinais nas Reservas de Biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
Compartir
 
Voltar