Luns, 17 de Xullo de 2017

2017/07/17: As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das Reservas de Biosfera Terras do Miño e Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá

Inaugúranse as sesións do Curso de Verán "As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das Reservas de Biosfera Terras do Miño e Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá", baixo a dirección dos profesores do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Dª Rosa Romero Franco e D. Antonio Rigueiro Rodríguez. Esta é a quinta edición do curso que, como en edicións anteriores rexistra un novo éxito de matrícula (40 inscritos). Na xornada de hoxe os participantes asistiron a varias conferencias centradas no coñecemento das plantas con interese medicinal nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares lucences e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, impartida por D. Antonio Rigueiro Rodríguez, os principios activos e actividade terapéutica dos principais grupos das plantas medicinais, a cargo do Licenciado en Farmacia e Director técnico de oficina,  D. Nicanor Floro Andrés Rodríguez e procesado industrial das plantas medicinais, da man de D. Mª Carmen Valiño Vázquez e D. Mª Jesús Expósito Casal, socias da empresa Milhulloa (Palas de Rei), una das cooperativas pioneiras no cultivo e procesado de plantas medicinais en Galicia. Para rematar esta primeira xornada do curso de verán, D. Mª Carmen Valiño e D. Mª Jesús Expósito dirixiron un taller práctico de cosmética natural centrado na elaboración dunha crema hidratante e una loción para despois do afeitado a base de extractos naturais.


 
A segunda xornada terá lugar integramente en terras do Courel, cunha sesión matinal consistente na realización de diversas visitas a ambientes ecolóxicos nos que medran diferentes especies vexetais útiles en medicina industrial e tradicional (xanzá, árnica, sabugueiro, etc.). Pola tarde as actividades continuarán na Estación Científica de Seoane do Courel, que acollerá sendas sesión impartidas por Dª Ruth Mª Barros Camba, Doctora Enxeñeira Agrónoma que falará da importancia económica do aproveitamento das plantas medicinais e Dª María Moure Oteyza, licenciada en Farmacia e especialista en fitoterapia tradicional que disertará sobre o uso de plantas medicinais na Serra do Courel.
 
2017/07/17: As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das Reservas de Biosfera Terras do Miño e Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá
Compartir
 
Voltar