Venres, 17 de Novembro de 2017

2017/11/17-Celebrada a reunión de lanzamento do proxecto LIFE FLUVIAL

O 17 de novembro de 2017 tivo lugar a reunión "Kick off" do proxecto europeo LIFE FLUVIAL, na Aula Emilio Murcia do INDUROT, Edificio de Investigación, Campus de Mieres.



A reunión contou coa presenza dunha representación de todas as entidades que son socias no proxecto:
 
  • Por parte da Universidade de Oviedo, Jorge Marquínez, Director do INDUROT e Investigador principal do proxecto; Anne Hörlein da Oficina de Proxectos Europeos; Jonas Koppen, do Cluster de Enerxía, Cambio Climático e Medio; e Jesús Valderrábano, Elena Fernández e Laura García, membros do equipo investigador do proxecto;
  • Por parte do IBADER da Universidade de Santiago de Compostela, Pablo Ramil, Director do IBADER e responsable legal do proxecto na USC, e Javier Ferreiro, responsable técnico do proxecto na USC.
  • Por parte do Concello de Ribadeo, Jaime Pérez Fernández, técnico de medio ambiente.
  • Por ISA-Universidade de Lisboa, Patricia Rodríguez González, do Instituto Superior de Agronomía-Centro de Estudos Florestais;
  • Da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, Jorge M. Branco, xerente Leader 2014-2020.
  • Pola Asociación InterEo, Juan Santiago.
  • Pola empresa EMALCSA, acudiu a técnico Paula Losada Guillén.
  • E por parte de TRAGSA, José Antonio Maira, Xefe de Obra de Lugo, e Daniel Gutierrez Bustillo, Coordinador do Grupo de Obras de Asturias.

A reunión serviu para discutir e clarificar diversos aspectos administrativos, financeiros, as disposicións comúns do Programa LIFE, a estrutura de xestión do proxecto, os aspectos técnicos do proxecto, as accións e socios responsables, fitos, produtos entregables, cronograma e o calendario das próximas tarefas.



LIFE FLUVIAL é un proxecto que se desenvolverá do 1 de setembro de 2017 ao 31 de agosto de 2021. O socio coordinador é a Universidade de Oviedo (INDUROT) e os outros socios beneficiarios son: Universidade de Santiago de Compostela (IBADER), Universidade de Lisboa (Instituto Superior de Agronomía), Concello de Ribadeo, InterEo, TRAGSA (Empresa de Transformación Agraria S. A.), Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e Emalcsa (Empresa Municipal de Augas de La Coruña). 



O obxectivo xeral do proxecto é a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000. Para este propósito, o proxecto desenvolve unha estratexia transnacional para a xestión sostible dos seus hábitats en varias cuncas fluviais atlánticas da Península Ibérica (España e Portugal). 
2017/11/17-Celebrada a reunión de lanzamento do proxecto LIFE FLUVIAL
Compartir
 
Voltar