O 17 de novembro de 2017 tivo lugar a reunión "Kick off" do proxecto europeo LIFE FLUVIAL, na Aula Emilio Murcia do INDUROT, Edificio de Investigación, Campus de Mieres.
A reunión contou coa presenza dunha representación de todas as entidades que son socias no proxecto:
A reunión serviu para discutir e clarificar diversos aspectos administrativos, financeiros, as disposicións comúns do Programa LIFE, a estrutura de xestión do proxecto, os aspectos técnicos do proxecto, as accións e socios responsables, fitos, produtos entregables, cronograma e o calendario das próximas tarefas.
LIFE FLUVIAL é un proxecto que se desenvolverá do 1 de setembro de 2017 ao 31 de agosto de 2021. O socio coordinador é a Universidade de Oviedo (INDUROT) e os outros socios beneficiarios son: Universidade de Santiago de Compostela (IBADER), Universidade de Lisboa (Instituto Superior de Agronomía), Concello de Ribadeo, InterEo, TRAGSA (Empresa de Transformación Agraria S. A.), Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e Emalcsa (Empresa Municipal de Augas de La Coruña).
O obxectivo xeral do proxecto é a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000. Para este propósito, o proxecto desenvolve unha estratexia transnacional para a xestión sostible dos seus hábitats en varias cuncas fluviais atlánticas da Península Ibérica (España e Portugal).