Luns, 08 de Xaneiro de 2018

2018/01/08: Premio de investigación Rafael Crecente Maseda: Ampliación de prazo

Amplíase o prazo de presentación de candidaturas ó Premio Rafael Crecente.
 
Coa fin de mellorar o grao de participación neste Premio prorrógase o prazo para a presentación de propostas ate o 18 de febreiro de 2018.

Lembra que o Premio ten como obxectivo impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente, ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia.

Anímate a achegarnos a túa proposta segundo se indica nas bases da convocatoria.

------------------------------------------------------------------------------------------

O Instituto de Biodivesidad Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), convoca o Premio “Rafael Crecente” as Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial
 
O profesor Rafael Crecente Maseda [1964,2015] estaba considerado como un dos grandes expertos en xestión territorial de Galicia. Foi profesor titular do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela, e o seu labor estivo vencellado principalmente á investigación, como director do Grupo de Investigación  Territorio-Biodiversidade - Laboratorio do Territorio, e coordinador do Sistema de Información Territorial (SIT) desta universidade. Asemade, participou activamente como investigador en países de Latinoamérica, fundamentalmente en Ecuador -lugar no que impulsou un programa de colaboración-, así como en convenios con países de Europa central e do leste. Tamén foi consultor da oficina rexional da FAO en Budapest e profesor invitado na Universidade de Múnich. E investigador do IBADER adscrito ao Grupo de Investigación 1934 - Territorio e Biodiversidade.

Na súa homenaxe créase un premio para impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente, ou a mellora da xestión territorial. Con estas bases publícase a primeira edición deste premio que se convocará anualmente, co inicio de cada curso académico e que será publicitada nas canles institucionais da Universidade de Santiago de Compostela e outros medios de difusión que se consideren oportunos.

O prazo de presentación de candidaturas estenderase ata o 18/02/2018
 
Convoca: IBADER
Colabora: GI-1934 TB - Lab. Territorio

Texto da convocatoria
A
rquivo en Galego [Descarga-PDFG].
Achivo en Castelan [Descarga-PDFC],

 
 
 
2018/01/08: Premio de investigación Rafael Crecente Maseda: Ampliación de prazo
Compartir
 
Voltar