Luns, 29 de Xaneiro de 2018

2018/02/02: Presentación de lanzamento do proxecto LIFE FLUVIAL en Portugal

 O 2 de febreiro de 2018 presentarase o proxecto LIFE FLUVIAL no Centro de Interpretação Ambiental da Área Protegida e Zona Húmida de Importância Internacional das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro de Arcos (Ponte de Lima). A programación do evento pode ser descargada da seguinte ligazón:


PROGRAMA



 
 No proxecto LIFE FLUVIAL LIFE16 NAT/ES/000771, "Mellora e xestión sostible de corredores fluviais da rexión atlántica ibérica" participa como beneficiario asociado o IBADER do Campus de Lugo, sendo coordinado pola Universidade de Oviedo, contando cun orzamento de 3.032.223 €, dos cales a Comisión Europea acaba de aprobar un cofinanciamento do 75%, o que supón a porcentaxe máxima que a convocatoria LIFE outorga a aqueles proxectos que son considerados prioritarios para a súa execución e posta en marcha. A duración do proxecto será de 48 meses, desenvolvéndose dende o 1 de setembro de 2017 ao 31 de agosto de 2021.

O obxectivo xeral de LIFE FLUVIAL é a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000. Para este propósito, o proxecto desenvolve unha estratexia transnacional para a xestión sostible dos seus hábitats en varias cuncas fluviais atlánticas da Península Ibérica (Galicia, Asturias e Portugal Norte). A transnacionalidade é un dos aspectos fortes do proxecto, posto que este xorde como resultado da colaboración entre 8 organismos públicos, empresas e asociacións de Galicia, Asturias e Portugal:
 
IBADER-Universidade de Santiago de Compostela
INDUROT-Universidade de Oviedo
Instituto Superior de Agronomia (ISA) - Universidade de Lisboa
Asociación InterEo
Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos
Concello de Ribadeo
EMALCSA - Empresa Municipal de Augas de La Coruña S.A.
TRAGSA - Empresa de Transformación Agraria S.A.
 
O proxecto foi fortemente apoiado por máis de 50 proxectos nacionais ou internacionais, organismos públicos, entidades locais, asociacións, centros de investigación e científicos de varios países, que outorgaron un apoio incondicional á candidatura ao considerala de gran interese de cara á posta en marcha de estratexias de xestión sostible en corredores fluviais, e a súa aplicación a outros territorios.
2018/02/02: Presentación de lanzamento do proxecto LIFE FLUVIAL en Portugal
Compartir
 
Voltar