Mércores, 08 de Novembro de 2017

2017/11/08: Divulgar o coñecemento científico sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, obxectivo principal das IX Xornadas de Investigación

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza as IV Xornadas de difusión de investigación e seguimento no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, co fin de divulgar o coñecemento científico sobre este enclave natural de Galicia.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural promove esta actividade durante o día de hoxe e a xornada de mañá, xoves 9 de novembro, no Edificio Cambón, co obxectivo de dar a coñecer a profesionais e investigadores relacionados co medio ambiente, e ao público en xeral, a actividade de investigación e seguimento neste espazo natural. Así, por cuarto ano consecutivo, búscase difundir o resultado das actuacións e proxectos que axudan a acadar cada día un coñecemento máis completo da súa contorna.

Compre lembrar que entre os obxectivos cos que se declara un parque nacional atópase o de fomentar o coñecemento dos seus valores e contribuír á investigación científica. Non obstante, este incremento do coñecemento producido polo nivel do estudo ten que ir asociado coa difusión dos resultados obtidos e a transmisión do coñecemento dirixida ás persoas con relación profesional e vocacional co medio ambiente e co público, en xeral.

Durante a xornada de hoxe, que se prolongará ata as 14:30 horas, abordarase o coñecemento sobre cuestións relacionadas co medio mariño e as masas de auga do Parque; coa participación de expertos da Universidade de Barcelona e do Consello Superior de Investigacións Científicas. O xoves, na segunda xornada, os contidos centraranse nos avances do coñecemento sobre as distintas especies de flora e fauna que teñen presenza do Parque Nacional.

A continuación, detállase o programa das IV Xornadas de investigación do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia:

Mércores, 7 de novembro . Seguimento e investigación do medio mariño

- 11:00 – 12:00 Seguimento extensivo e intensivo do medio mariño do Parque Nacional. Pep Amengual, Organismo Autónomo Parques Nacionais
- 12:00 – 12: 30 Seguimento do esforzo pesqueiro e marisqueiro no Parque Nacional. José María Parada, biólogo consultor especialista en pesca e marisqueo.
- 12:30 – 13:00 Seguimento de comunidades costeiras rochosas suxeitas a extracción. Rodolfo Barreiro, Universidade de A Coruña.
- 13:30 – 14:00 “Las mil caras de la laguna de Dos Nenos: 6000 años de cambio ecológico. Miguel Angel Mateo, Centro de Estudios Avanzados de Blanes – CSIC.”
- 14:00 – 14:30 As redes tróficas mariñas no Parque Nacional. Lluís Cardona, Universidad de Barcelona.

Xoves, 9 de novembro. Seguimento e investigación no medio terrestre.

- 9:00 – 9:30 Impacto de Acacia melanoxylon na comunidade de invertebrados do Parque Nacional Jonatan Rodríguez, Universidade de Vigo
- 9:30 – 10:00 Plan de control da flora alóctona do Parque Nacional. César Blanco Consultor especialista en flora invasora
- 10:00 – 10: 30 Hidrodinámica da Lagoa dos Nenos Fernando López, Aquatica Ingeniería
- 10:30 – 11:00 Especies invasoras e cambio climático. Rubén Retuerto, Universidade de Santiago de Compostela
- 11:00 – 11:30 Seguimento das comunidades liquénicas do Parque Nacional. María Sanchez Viezma, Consultora especialista en líquenes.
- 12:00 – 12: 30 Seguimento das aves mariñas do Parque nacional. Nacho Munilla, biólogo especialista en aves mariñas.
- 12:30 – 13:00 Control e erradicación de carnívoros introducidos no Parque Nacional. Rafael Romero, Biológo consultor especialista en xestión de fauna silvestre
- 13:00 – 13:30 A rata negra no Parque Nacional. Asier Rodríguez, Biólogo consultor especialista en xestión do medio natural
- 13:30 – 14:00 A historia da vexetación das Illas Atlánticas. Pablo Ramil, IBADER – Universidade de Santiago

2017/11/08: Divulgar o coñecemento científico sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, obxectivo principal das IX Xornadas de Investigación
Compartir
 
Voltar