Luns, 21 de Maio de 2018

2018/05/22: Celebración do Día da Rede Natura 2000

O vindeiro martes día 22 de maio, celebrarase o Día da Rede Natura 2000 no IBADER do Campus Terra. Para tal finalidade, os LIFE FLUVIAL e LIFE BACCATA aunarán esforzos en organizar a devandita xornada, que se comporá de dúas partes:
 

Durante a mañá, realizarase unha visita a unha das localidades de LIFE FLUVIAL, situada na Lagoa do Rei do Concello de Rábade, na ZEC Parga-Ladra-Támoga (ES1120003).

Xa pola tarde, a partires das 17:00 h terá lugar un acto na sala “Luciano Sánchez García” do IBADER co Campus Terra (LUGO), na que terán lugar unha serie de intervencións que permitan achegar aos asistentes os esforzos levados a cabo para que a Rede Natura 2000 sexa un dos logros máis sobresaintes da Unión Europea. Este acto permitirá tamén aumentar a concienciación pública sobre a Rede Natura 2000 e a súa importancia na conservación do patrimonio cultural, os servizos prestados polos ecosistemas, así como a súa contribución á economía e ao benestar das poboacións que residen na súa área de influenza.
 

As intervencións que terán lugar serán as seguintes:
 
  • 17:00 Presentación do acto.
  • 17:15 Biodiversidade mariña na Rede Natura 2000 de Galicia. Victoriano Urgorri Carrasco (Estación de Bioloxía Mariña da Graña, USC)
  • 18:00 Experiencias de conservación in situ de especies na Rede Natura 2000. Serafín González Prieto (Sociedade Galega de Historia Natural, SGHN).
  • 18:45 Implantación da marcas de calidade en áreas da Rede Natura 2000. Miguel Fernández Pardo (ADR Mariñas-Betanzos).
  • 19:30 Presentación do libro "As orquideas da Serra do Courel. Antonio Rigueiro Rodríguez (USC).
A entrada ao acto será de balde e libre, ata completar o aforo da sala (50 persoas).

Máis información en: http://www.ibader.gal/ampliar/85/791/2018-05-22-Celebracion-do-Dia-da-Rede-Natura-2000-Importancia-da-Rede-Natura-2000-de-Galicia-para-a-proteccion-do-patrimonio-natural.html
2018/05/22: Celebración do Día da Rede Natura 2000
Compartir
 
Voltar