Xoves, 31 de Maio de 2018

2018/05/31: Curso de Verán da USC organizado por IBADER

O IBADER organiza, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, Ferrovial, a Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, o curso "Xardinería e Paisaxismo  en Galicia: Recursos  e novos enfoques".

O curso enmárcase dentro do Programa de Cursos de Verán da USC. A Universidade de Santiago, otorga un certificado por dous créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu estudantado, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito. Ademais, o curso está recoñecido con 10 horas de actividades para os alumnos de doutoramento do Programa de Doutoramento “Historia, Xeografía e Historia da Arte” (Dpto. de Historia da Arte).

Duración: 29 horas lectivas
Prazas: Prazas limitadas (50)
Importe da matrícula: 120 € - 70 €: Taxa reducida (Estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC). Inclúe traslados en autobús para as visitas.

MATRÍCULA
Ate 6 de xullo 2018
Internet:
http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/
Presencial:
Casa da Balconada. Rúa Nova, 6, Compostela ou Pazo de Montenegro. Praciña da Universidade, Lugo.
Por teléfono:
Teléfonos: 881811018 - 881811103 e 982821513

Máis información:
Campus de Compostela:
Área de Cultura – Casa da Balconada. Rúa Nova, 6
Teléfonos 881811018 e 881811103

Campus de Lugo:
Área de Cultura - Pazo de Montenegro. Praciña da Universidade
Teléfono 982821513
2018/05/31: Curso de Verán da USC organizado por IBADER
Compartir
 
Voltar