Luns, 11 de de 2018

2018/06/11: Visita anual de seguimento a LIFE BACCATA

O pasado luns 11 de xuño de 2018 celebrouse a segunda visita anual de seguimento do equipo externo de NEEMO, representado por Ainhoa Darquistade Fadrique, ao proxecto LIFE BACCATA.



O proxecto LIFE BACCATA, coordinado polo IBADER de Lugo, pretende a mellora do estado de conservación do tipo de hábitat prioritario 9580* “Bosques mediterráneos de Taxus baccata” en 15 Espazos Protexidos da Rede Natura 2000 da Cordillera Cantábrica e pertencentes a Galicia, Castilla y León, e Euskadi, mediante o incremento da súa área de ocupación, a mellora da súa estrutura e funcionalidade, así como das súas perspectivas futuras. O proxecto abrangue igualmente unha serie de medidas de difusión e transferencia dos resultados acadados, así como un programa de información e sensibilización ao público en xeral sobre a importancia do hábitat 9580*, os valores da biodiversidade albergada, e os servizos prestados polos ecosistemas abordados polo proxecto.



Ao acto asistiron o resto de beneficiarios asociados de LIFE BACCATA (TRAGSA, HAZI, CESEFOR, Junta de Castilla y León), quenes participaron presentando ao equipo de seguimento os progresos do proxecto nos seus respectivos ámbitos de actuación.

 

A reunión de seguimento técnico, económico e administrativo foi celebrada pola mañá na Casa do Parque de Ojo Guareña, situada en Quintanilla del Rebollar (Merindad de Sotoscueva, Burgos), dentro da ZEPA Ojo Guareña (ES4120005).
 


Xa pola tarde, os asistentes á reunión desplazáronse a Arceo (Valle de Mena, Burgos), na ZEC Valle del Mena (ES4120049), onde LIFE BACCATA realizou un proxecto de peche para evitar os efectos da herbivoría sobre o rexenerado de Taxus baccata, así como eliminación de competencia e favorecer a conservación do hábitat 9580*, a través do persoal da Junta de Castilla y León.


 
A xornada resultou de gran proveito a todos os asistentes, permitindo avaliar o grao de cumplimento do proxecto, solventar as dúbidas surxidas, e poder aportar indicacións e orientacións a todos os socios que permitan unha mellor implementación das accións consideradas.

2018/06/11: Visita anual de seguimento a LIFE BACCATA
Compartir
 
Voltar