luns, 16 de xullo de 2018

2018-07-16: Arranca o Curso de Verán de Xardinería e Paisaxismo

Esta mañá celebrouse o acto de inauguración do Curso de Verán "Xardinería e Paisaxismo  en Galicia: Recursos  e novos enfoques", organizado polo IBADER, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, Ferrovial e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. No acto de presentación acudiu o Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Santiago, Xan Duro, o Director do Curso de Verán e Director do IBADER, Pablo Ramil, e o xerente de Cespa, Luis Incera.



O curso conta cunha matrícula de 25 alumnos, e contará con ponencias presentadas por expertos na temática principal do mesmo, que serán alternadas por viaxes a localidades de referencia na xardinería e paisaxismo de Galicia. Entre as mesmas cabe salientar a visita ao Pazo de Mariñán (Bergondo), ao Xardín do Pasatempo (Betanzos), ou ao Xardín Botánico de Padrón.



O curso enmárcase dentro do Programa de Cursos de Verán da USC. A Universidade de Santiago, otorga un certificado por dous créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu estudantado, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito. Ademais, o curso está recoñecido con 10 horas de actividades para os alumnos de doutoramento do Programa de Doutoramento “Historia, Xeografía e Historia da Arte” (Dpto. de Historia da Arte).
2018-07-16: Arranca o Curso de Verán de Xardinería e Paisaxismo
Compartir
 
Voltar