venres, 13 de xullo de 2018

2018-07-13: Presentado LIFE BACCATA nun Curso de Verán

O proxecto LIFE BACCATA foi presentado en Piornedo (Cervantes, Lugo) o pasado día 13 de xullo de 2018, con motivo da celebración do Curso de Verán "Biodiversidade e patrimonio na montaña lucense: conservación e uso social", organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).



O curso de verán era dirixido por María Dolores Vázquez Castro e Elena Freire Paz, contando na secretaría con Oscar Rivas López. O curso tiña como obxectivo conseguir unha formación especializada de carácter teórico-práctico encamiñada ao coñecemento da biodiversidade e do patrimonio cultural específico de Ancares, así como traballar baixo as máximas de converxencia de intereses, mediación en procesos e resolución de conflitos coas que favorecer a conservación e a promoción de todos os factores ambientais e sociais do ámbito.

Os alumnos do curso, un total de 15 matriculados, puideron participar no debate posterior, realizando as cuestións ou achegando a súa visión acerca da conservación do teixo e os teixadais, así como xenerando un importante intercambio de ideas sobre os aspectos máis relevantes na xestión destes ecosistemas.
2018-07-13: Presentado LIFE BACCATA nun Curso de Verán
Compartir
 
Voltar