Martes, 04 de Decembro de 2018

2018/12/04: Seminario Técnico FLUVIAL

O vindeiro martes día 4 de decembro, o IBADER do Campus de Lugo organiza un Seminario Técnico FLUVIAL no Edificio Cactus do Campus de Lugo (Ubicación), para achegar á poboación o importante papel que xogan os ecosistemas fluviais na conservación da nosa biodiversidade. Este acto permitirá tamén aumentar a concienciación pública sobre a conservación do noso patrimonio natural e cultural asociado aos corredores fluviais e aos humidais, así como aos servizos ecosistémicos prestados polos mesmos.
 
Para tal finalidade o evento contará cunha serie de intervencións do diversos proxectos LIFE encamiñados á mellora e restauración de corredores fluviais e humidais galegos, así como un relato sobre a conservación dos ecosistemas fluviais en xeral.
 
O acto contará coas seguintes ponencias:
 
4 de decembro de 2018
Seminario técnico FLUVIAL
Lugar: Edificio Cactus – Campus de Lugo (Ubicación)
 
16:30 h: Presentación
16:45 h: Jesús Valderrábano Luque. Presentación do proxecto LIFE FLUVIAL
17:15 h: Fernando Cobo Gradín. A conservación dos ecosistemas fluviais
17:45 h: Alberto de Anta Montero. Presentación do proxecto LIFE REGENERA-LIMIA
18:15 h: Debate e discusión
 
A entrada ao acto será de libre e de balde, ata completar aforo da sala (40 persoas). 

2018/12/04: Seminario Técnico FLUVIAL
Compartir
 
Voltar