Venres, 11 de Xaneiro de 2019

2019/01/11: Segunda edición Premio Investigación Rafael Crecente

II Premio ‘Rafael Crecente’ a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial convocado polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus Terra, coa colaboración do Laboratorio do Territorio, mantén aberto o seu prazo de presentación de candidaturas ata o vindeiro 15/03/2019.
 

O premio ten como obxectivo impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia.

Poderán participar nesta convocatoria todas aquelas persoas que remataran a súa titulación universitaria de Grao ou Máster nos últimos 5 anos, tomando como referencia a data límite de entrega de propostas ao presente premio.

A persoa que reciba o premio obterá un recoñecemento formal a través dun diploma acreditativo e un premio de 2.000 euros, e de ser o caso, permitirá a difusión do seu traballo  a través dos medios que o IBADER e o Laboratorio  do Territorio estimen convenientes.

As persoas candidatas deberán enviar as súas propostas ao enderezo electrónico premio.rafaelcrecente@usc.es, en formato pdf e cunha extensión máxima de 50 páxinas, tamaño A4, solicitando confirmación da correcta recepción do documento enviado.

 

Consulta aquí as bases completas do premio

2019/01/11: Segunda edición Premio Investigación Rafael Crecente
Compartir
 
Voltar