Serie Cursos (03): 2006
Rigueiro Rodríguez, A. Fernández Lorenzo, J.L. & Pérez Becerra, V. (2006). Curso de Micoloxía. Recursos Rurais. Serie Cursos - 1. Universidade de Santiago. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). Lugo.
Os fungos e os cogomelos constitúen un mundo apaixonante ó que hai que achegarse con prudencia, xa que xunto a especies comestibles de delicado aroma e agradable sabor conviven estirpes tóxicas, algunhas incluso letais. E a única regra válida para evitar intoxicacións é o coñecemento das especies máis importantes, comestibles e tóxicas, ó que contribúen os cursos de divulgación.
O volume "Curso de micoloxía", cun enfoque teórico-práctico, trata tanto aspectos introdutorios e xerais como temáticas de grande utilidade práctica para desenvolverse con seguridade no eido do recoñecemento dos cogomelos comestibles e velenosos de maior interese, pois adentrarse no reino dos fungos, especialmente nos ámbitos culinario e gastronómico, conleva riscos se non se posúen uns coñecementos mínimos.
Neste volume abórdanse temas de introdución á micoloxía, ecoloxía dos cogomelos, cogomelos comestibles, o mundo das boletáceas, os cogomelos tóxicos e medicinais, os cogomelos parasitos que causan doenzas ás especies forestais, o cultivo dos cogomelos, etc.
Autores: Antonio Rigueiro Rodríguez; Juan Luis Fernández Lorenzo & Vanesa Pérez Becerra
Título: Curso de Micoloxía
Recursos Rurais - Serei Cursos, nº 3.
Ano: 2006
ISSN: C-2188-2004
Depósito Legal: 1698-5427
Copyright: IBADER