Serie Cursos (06): 2012



Rodríguez Guitián, M.A. & Ferreiro da Costa, J. (Coords.) (2012). 2011: Ano internacional dos bosques. Unha perspectiva desde Galicia. Recursos Rurais. Serie Cursos - 6. Universidade de Santiago. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). Lugo.
.
 

O ano 2011 foi declarado polas Nacións Unidas como “Ano Internacional dos Bosques”, coa finalidade de concienciar á sociedade do problema que supón a desaparición anual de millóns de hectáreas de bosques e promocionar as iniciativas encamiñadas a fomentar o aproveitamento sostible, a conservación e o incremento da superficie ocupada por masas arboradas así como o intercambio de coñecementos sobre estratexias que freen a deforestación e a degradación forestal.

Dentro deste marco conceptual, durante o as datas comprendidas entre o 19 e o 22 xullo de 2011, o IBADER organizou un Seminario de Verán cuxo principal obxectivo foi o achegamento ao público dun diagnóstico do estado actual das masas forestais autóctonas de Galicia, a identificación de modelos de xestión que garantan o seu valor ecolóxico e as posibilidades de aproveitamento no futuro e a utilidade do arborado monumental para achegar á sociedade o valor das árbores e masas arboradas. Todas estas cuestións foron obxecto das ponencias que se reúnen neste volumen, co cal se pretende contribuir á divulgación do estado actual dos coñecemento nestas materias.
 
Autores: Manuel Antonio Rodríguez Guitián & Javier Ferreiro da Costa
Título:  2011: Ano internacional dos bosques. Unha perspectiva desde Galicia.
Recursos Rurais - Serie Cursos, nº 6.
Ano: 2012.

ISSN: 1698-5427
Depósito Legal: C 2188-2004
Copyright: IBADER
Serie Cursos (06): 2012
 
Descargas
Voltar