Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: ano 2008. (2008)


Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Gómez-Orellana, L & Ferreiro da Costa, J. (2008). Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: año 2008. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 
 
Víctor López Seoane (1832-1900), considerado como o máis destacado naturalista galego do Século XIX, publicou en 1866 a "Reseña de Historia Natural de Galicia" na que pretendía realizar un catálogo xeral dos seres dos tres Reinos da natureza galega, un inventario inicial que, como proxecto científico, entraba de cheo nas preocupacións dos escasos especialistas da época, e nun momento en que o galego Miguel Colmeiro e o catalán Mariano de la Paz Graells, iniciaban a inxente catalogación da flora e fauna do Estado español.

A obra de López Seoane (1870a,b, 1877, 1878a,b, 1884, 1891, 1897) revela, por outra parte, o estado dos coñecementos científicos sobre o medio natural de Galicia a mediados do Século XVIII, froito dos traballos pioneiros de Cornide, Sarmiento, Feixóo, Alonso, e dos contemporáneos de Schulz, Colmeiro, Planelles, Valenzuela, Naceiro, Pourret e Lange. Entre ambos os dous grupos de naturalistas existen notorias diferenzas conceptuais e metodolóxicas, que se incrementarán cos naturalistas da segunda metade do Século XIX e inicios do XX.

 
Este cambio será fundamental para o coñecemento do medio natural galego, publicando o propio López Seoane (1877) o primeiro "Catálogo de Anfibios y Reptiles de Galicia", así como as bases para o estudio ornitolóxico: "Aves nuevas de Galicia" (López Seoane, 1870a), "Examen crítico de las perdices de Europa,particularmente de las de España y descripción de dos nuevas formas de Galicia” (López Seoane, 1891), á vez que colabora con Leon Becker o cal publicará o primeiro catálogo de arácnidos de Galicia, con 72 especies. No campo da botánica destacará polo seu importante herbario, no que se inclúe unha cuantiosa representación da flora de Galicia, así como doutras áreas de España, principalmente Andalucía.
Actualmente esta colección de pregos realizada polo primeiro mestre de Baltasar Merino autor da única flora de Galicia (Merino, 1905), que se atopa depositada no herbario oficial LUGO, da Universidade de Santiago (Campus de Lugo).

 
Autores: Ramil Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Gómez-Orellana, L & Ferreiro da Costa, J.
Título: Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: ano 2008.
Ano: 2008.

Edita: IBADER. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela, Campus Universitario s/n. E-27002 Lugo, Galicia.

ISSN edición impresa: 1888-5810
ISSN edición dixital: 1988-8341
Depósito Legal: C 173-2008
Copyright: IBADER
Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: ano 2008. (2008)
 
Descargas
  • Tomo Entero: Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: ano 2008
  • Parte I
  • Parte II
Voltar