Os hábitats de interese comunitario en Galicia. Fichas descritivas

Ramil-Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Ferreiro da Costa, J.; Rubinos Román, M.; Gómez-Orellana, L.; de Nóvoa Fernández, B.; Hinojo Sánchez, B.A.; Martínez Sánchez, S.; Cillero Castro, C.; Díaz Varela, R.A.; Rodríguez González, P.M. & Muñoz Sobrino, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.

A DC 92/43/CEE do Consello,do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres supuxo un neto e positivo revulsivo na formulación das políticas de conservación nos países da Unión Europea.

A aprobación da Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e Biodiversidade, incorpora de forma definitiva, e sen ambigüidades, as directivas Hábitat e Aves ao ordenamento xurídico español. Fortalecendo o camiño que previamente marcaran as normas comunitarias. Os hábitats naturais adquiren agora un papel relevante nas estratexias e políticas de conservación, tipificándose como infraccións, sen ambaxes, a alteración ou destrución dos hábitats naturais.

O documento que aquí se presenta tenta cubrir este oco, habida conta das necesidades de coñecemento existentes, entendéndose esta guía coma unha ferramenta aberta a novas incorporacións e revisións, derivadas dunha mellor información científica dispoñible tanto a nivel europeo, estatal e galego.

Dedicado ao ilustre botánico Baltasar Merino y Román (1845,1917), no centenario da publicación da Flora ilustrada e Descritiva de Galicia (1905-1909).
 Os hábitats de interese comunitario en Galicia. Fichas descritivas
 
Voltar