O Noso patrimonio común Europeo de paisaxes culturais

O proxecto ECL (Paisaxes Culturais Europeas) está orientado a comunicar a importancia universal das Paisaxes Culturais Europeas e xerar unha comprensión e aprecio da súa significancia. Isto axudará a elevar o coñecemento sobre a necesidade urxente de protexer o noso patrimonio de paisaxes culturais a través a agricultura e prácticas de uso do solo sostibles. O proxecto ECL promove a divulgación e documentación transnacional do noso patrimonio común de Paisaxes Culturais Europeos a través da cooperación entre unha rede de científicos, operadores culturais e promotores.

A coordinación do proxecto ECL foi desenvolvida pola Universidade de Bergen (Noruega) en cooperación coa Universidade de Viena, Universidade dos Recursos Naturais e Ciencias da Vida Aplicadas (Austria) Universidade de Santiago de Compostela (España), Universidade Nacional de Irlanda (Galway, Irlanda), Universidade de Genova (Italia), Instituto da Conservación da Natureza (Portugal), o Centro de la Biodiversidade de Suecia (Suecia).

As paisaxes culturais son un sinal da nosa identidade e reflicten a nosa relación coa terra ao longo dos séculos. Constitúen entidades xenuínas que atesouran a nosa orixe e evolución na súa fisionomía, características e na historia do seu aproveitamento.

Se queremos conservar as nosas paisaxes culturais, a diversidade do noso patrimonio, necesitamos conservar ás xentes que as mantiveron durante moitos, moitos anos.

Descargar documento Paisaxes Culturais Europeas 

Máis información http://ecl.cultland.org/.
 O Noso patrimonio común Europeo de paisaxes culturais
 
Voltar