Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural dos Ancares

Ramil-Rego, P. & Rigueiro Rodríguez, A. (2008). Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural dos Ancares. Documento Técnico. Consellería de Medio Ambiente. Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Santiago de Compostela.

Os valores naturais da Serra dos Ancares veñen sendo gabados de xeito secular. O Licenciado Molina, alá polo ano 1550, xa comenta que estes montes son unha área notable de Galicia posto que constitúen o nacemento de varios ríos senlleiros. Nesta mesma tendencia saliéntanse con posterioridade as virtudes desta serra tamén por outros autores, entre os que cabe citar a Guillermo Schulz (1805-1877), que queda abraiado da magnitude desta serra no momento de culminala. Outros autores que tamén suliñan as marabillas dos Ancares son o naturalista galego Víctor López Seoane (1832-1900) ou o ínclito botánico Padre Baltasar Merino (1845-1917), o cal indicaba emocionado ao seu paso polos Ancares a maxestuosidade e beleza desta singular serra.

O Plan de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) formúlase para servir como documento de xestión e planificación do Parque Natural dos Ancares, o cal inclúe unha superficie de 25.924 ha, repartidas entre os municipios de Navia de Suarna e Cervantes, ambos os dous da provincia de Lugo. Deste xeito, a totalidade de ambos concellos constitúe a área de influencia socioeconómica.
Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural dos Ancares
 
Voltar