Os faiais de Galicia: ecoloxía e valor ambiental


Rodríguez Guitián, M.A. & Rigueiro Rodríguez, A. (Coords.) (2011). Os faiais de Galicia: ecoloxía e valor ambiental. Asociación Científica Horreum. - IBADER - Consellería do Medio Rural. Lugo: Horreum.
 
Capítulo 01: Valor ambiental e social da faia en Europa (Antonio Rigueiro Rodríguez, Esther Fernández Núñez)
Capítulo 02: Orixe e dinámica paleoecolóxica dos faiais (Pablo Ramil-Rego, Castor Muñoz Sobrino, Luis Gómez-Orellana, María José Iriarte Chiapusso, Manuel Antonio Rodríguez Guitián)
Capítulo 03: Caracterización botánica, ecoloxía e distribución de Fagus sylvatica L. (Manuel Antonio Rodríguez Guitián, Javier Ferreiro da Costa)
Capítulo 04: Ambiente fisiográfico, litolóxico e bioclimático (Manuel Antonio Rodríguez Guitián, Javier Ferreiro da Costa)
Capítulo 05: Solos e nutrición forestal dos faiais (Agustín Merino García, Manuel Antonio Rodríguez Guitián)
Capítulo 06: Diversidade liquénica dos faiais (Regina Carballal Durán, Josefina Álvarez Andrés)
Capítulo 07: Briófitos dos faiais (Juan Reinoso Franco, María del Carmen Viera Benítez)
Capítulo 08: Macromicetos dos faiais (Marisa Castro Cerceda)
Capítulo 09: Flora vascular dos faiais (Manuel Antonio Rodríguez Guitián)
Capítulo 10: Invertebrados dos faiais (María Eulalia Eiroa Álvarez, María Josefa Lombardero Díaz, Teresa Rodríguez López)
Capítulo 11: Fauna de vertebrados dos faiais (Augusto de Castro Lorenzo, José M. Rey Salgado)
Capítulo 12: Fitosocioloxía dos faiais e outras comunidades con Fagus sylvatica (Manuel Antonio Rodríguez Guitián)
Capítulo 13: Aspectos funcionais dos faiais  (Manuel Antonio Rodríguez Guitián, Javier Ferreiro da Costa)
Capítulo 14: Aneis de crecemento e dendrocronoloxía dos faiais (Ignacio García González)
Capítulo 15: Dasometría e calidade de estación (Juan Gabriel Álvarez González, Manuel Antonio Rodríguez Guitián, Miguel Ángel Negral Fernández, Manuel Fontao Alvarado)
Capítulo 16: Estado fitosanitario (María Josefa Lombardero Díaz)
Capítulo 17: Aproveitamentos tradicionais dos faiais (Rosa Romero Franco, Manuel Antonio Rodríguez Guitián)
Capítulo 18: Fagus sylvatica L., especie ornamental (Carlos Rodríguez Dacal)
Capítulo 19: Uso forestal (Manuel Antonio Rodríguez Guitián)
Capítulo 20: Os faiais e o ciclo do carbono (Agustín Merino García, Juán Gabriel Álvarez González, Carlos Real Rodríguez, Manuel Antonio Rodríguez Guitián)
Capítulo 21: Importancia dos faiais para a conservación (Manuel Antonio Rodríguez Guitián, Pablo Ramil-Rego)
Capítulo 22: Itinerarios didácticos polos faiais galegos (Manuel Antonio Rodríguez Guitián, Antonio Rigueiro Rodríguez)


Esta obra reúne os resultados obtidos por un amplo grupo de investigadores ao longo de máis de dez anos de traballo orientado ao estudo e caracterización dos bosques dominados por Fagus sylvatica do extremo occidental das montañas cantábricas, nomeadamente daqueles situados dentro do territorio administrativo de Galicia e áreas veciñas asturianos e leonesas.

Constitúe un gran esforzo colectivo de achega de información do xeito máis accesible posible aos seus potenciais lectores (estudantes universitarios, profesores de ensino medio, xestores do medio natural, particulares propietarios dos terreos nos que se asentan estes bosques, persoas encargadas da divulgación dos valores naturais ou simplemente amantes do medio ambiente en xeral), sen menoscabo do rigor e o valor científico-técnico dos datos achegados.

O libro está estruturado en 22 capítulos agrupados en seis seccións (Contextualización dos faiais galegos no ámbito europeo, Caracterización ambiental, Diversidade biolóxica dos faiais galegos, Estado forestal, Usos e aproveitamentos dos faiais, Importancia ambiental dos faiais) a traveso das que se achega información sobre a orixe, ecoloxía, importancia forestal e valor medioambiental deste tipo de bosques. Ademais, no apartado de Anexos, achégase información complementaria (datos analíticos, catálogos de especies, táboas de inventarios de vexetación, resultados do tratamento informático da información, etc.) sobre a que se fundamentan diversos capítulos que compoñen a obra.
 

Os faiais de Galicia
Ecoloxía e valor ambiental
Manuel Antonio Rodríguez Guitián
Antonio Rigueiro Rodríguez
(coordinadores)

Depósito Legal: C 2911-2011
ISBN: 978-84-939661-0-2
Edita: Horreum en colaboaración con IBADER
© HORREUM 2011

O libro pódese descargar de forma completa a baixa resolución ou cada sección por separado a alta resolución.
Os faiais de Galicia: ecoloxía e valor ambiental
 
Voltar