2014: Serra do Courel

Curso de verán Alternativas de desenvolvemento rural en áreas de alto valor ambiental: modelos e experiencias aplicables á Serra do Courel

Título: Alternativas de desenvolvemento rural en áreas de alto valor ambiental: modelos e experiencias aplicables á Serra do Courel
 Dirección: Manuel A. Rodríguez Guitián.
Secretaría: Javier Ferreiro da Costa
Tipoloxia: Curso de Veran da USC
Sede: Estación Científica do Courel
Datas: 21-23/07/2014
 
Organiza: Estación Científica do Courel - IBADER
Colabora: Deputación de Lugo.
Horas lectivas: 30
Límite de prazas: 50

Resumo:

O intercambio e actualización da información acerca das estratexias de desenvolvemento sostible en espazos xeográficos rurais de alto valor ecolóxico e cultural permite unha mellor sensibilización da sociedade en xeral, e da poboación local en particular. A posta en coñecemento das alternativas que se están a desenvolver noutras áreas de características semellantes, tanto galegas como da súa periferia inmediata, poden servir de modelo e comparación aos territorios de Galicia como o Courel, nos que se albergan elevados valores de conservación da biodiversidade, xeodiversidade e etnoculturais, mais que tamén precisan da dinamización económica das súas poboacións.
 
Dentro deste marco conceptual, o curso de verán pretende realizar unha posta ao día dos valores ecolóxicos e culturais da Serra do Courel. O coñecemento dos valores a conservar revélase como unha das estratexias máis importantes para a súa preservación: se non coñecemos o que tén valor, dificilmente poderemos mantelo. Unha vez presentados os valores da Serra, profundizarase en diferentes propostas e modelos de xestión e conservación de espazos de alto valor ecolóxico e cultural, así como de diferentes liñas de actuación que se están a desenvolver noutros territorios.
 
Finalmente, darase presentación e posta en común das diferentes iniciativas de dinamización socioeconómica que se están a desenvolver na actualidade na montaña oriental luguesa.
 
 
2014: Serra do Courel
 
Voltar