2011: Turismo de Natureza


Curso de formación Xornadas Turismo de Natureza

Título: Xornadas Turismo de Natureza
Dirección: Pablo Ramil Rego
Secretaria: Belén de Nóvoa, Marco Rubinos
Tipoloxía: Cursos de formación e extensión universitaria
Sede:
CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), Foz.
Escola Obra Pía, Fazouro, Foz
Datas: 15-17/04/2011
 
Organiza: IBADER
Colabora: Concello de Foz, Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, Deputación de Lugo
Horas lectivas: 30
Límite de prazas: 50

Resumo

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemeto Rural (IBADER) do campus de Lugo en colaboración co concello de Foz, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino e a Deputación provincial de Lugo (Área de turismo) organiza unha nova edición das “Xornadas de Turismo de Natureza” en Foz. Este curso de formación busca achegar aos alumnos universitarios, a investigadores e profesionais vinculados cos campos da xestión do territorio, da biodiversidade e do turismo, unha visión integradora das novas perspectivas do turismo de natureza así coma dos criterios de sostibilidade que deben rexer este tipo de turismo. Contando para elo con importantes expertos en educación ambiental, xestores de espazos naturais, especialistas na xestión do Uso público e desenvolvemento sostible pertencentes ás distintas Universidades Galegas, entidades como CEIDA ou CETMAR, empresas ambientais, a Deputación Provincial de Lugo e o Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
2011: Turismo de Natureza
 
Voltar