2010: Ribeira Sacra


Curso de formación Home, auga e paisaxe na Ribeira Sacra

Título: Home, auga e paisaxe na Ribeira Sacra
Dirección: Manuel A. Rodríguez Guitián e Augusto Pérez Alberti
Secretaria: Belén de Nóvoa e Boris Hinojo
Tipoloxía: Curso de formación e extensión universitaria
Sede: Casa da Cultura de Monforte de Lemos (Lugo)
Datas: 9-12/11/2010

Organiza: IBADER
Colabora: Deputación de Lugo, Concello de Monforte de Lemos
Horas lectivas: 30
Límite de prazas: 50

Resumo

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) en colaboración coa  Deputación Provincial de Lugo organiza un curso centrado nos valores da Comarca da Ribeira Sacra, titulado "Home, auga e paisaxe na Ribeira Sacra" baixo a dirección de  Don Augusto Pérez Alberti e Don Manuel A. Rodríguez  Guitián. O curso conta con importantes expertos en xeomorfoloxía, biodiversidade, paisaxe, desenvolvemento rural e recursos turísticos.
 
A primeira das xornadas centrarase nos aspectos xeolóxicos e xeomorfolóxicos da Ribeira Sacra e entornos similares dende un punto de vista xeomorfolóxico noutros territorios da Península. A segunda das xornadas centrarase nas Características e potencialidades do Turismo na zona e nos procesos de desenvolvemento rural no marco da Unión Europea, para a tarde visitar dous exemplos do comentado pola maña: a Olería de Gundivós e a Adega Regina Viarum. A tercera das xornadas consistirá nunha viaxe de prácticas na que se fará un recorrido por distintos enclaves da Ribeira Sacra analizando os seus valores ambientais e paisaxísticos. A última das xornadas comenzará cunha conferencia titulada Formas e ritmos na paisaxe da Ribeira Sacra para continuar analizando O río Sil como vía de comunicación: o rexistro arqueolóxico na súa entrada en Galicia; xa finalmente pola tarde desenvolveranse as dúas últimas conferencias: “Recursos turísticos e patrimonio inmaterial: una iniciativa de desenvolvemento económico na Ribeira Sacra” e “A orixe do viño en Galicia”.
2010: Ribeira Sacra
 
Voltar