2015: Conservación de Humidais

Curso: Conservación e xestión de humidais.
 
Dirección: Pablo Ramil Rego.
Secretaría: Boris Sánchez Hinojo
Tipoloxía: Curso de Veran da USC
Sede: FEUGA (Santiago de Compostela).
Datas: 10-11/06/2015.
 
Organiza: IBADER
Colabora: Comisión Europea. DX Medio Ambiente (Programa Life)
Horas lectivas: 30
Límite de prazas: 50
 
O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) organiza unhas xornadas centradas na conservación e xestión dos humidais que terán lugar os días 10 e 11 de xu?o en Santiago de Compostela, no auditorio da Fundación Empresa ? Universidade Galega (FEUGA). As xornadas desenvolveranse en horario de tarde de 16:00 a 20:00.

O obxectivo destas xornadas é dar a co?ecer a importancia dos humidais na conservación da biodiversidade, o estado actual deste tipo de hábitats, así como a presentación de accións concretas de conservación dirixidas a manter o seu valor ecolóxico. Participarán diferentes investigadores das universidades de Galicia, xestores de espazos naturais e outros expertos en conservación e xestión de humidais.

O público ao que están orientadas estas xornadas é a comunidade universitaria, o persoal técnico das administracións públicas, representantes de organizacións non gobernamentais e outras persoas interesadas nesta temática.

Estas xornadas enmárcanse no proxecto LIFE+ TREMEDAL (Humidais Continentais do Norte da Península Ibérica: Xestión e Restauración de Turbeiras e Medios Higrófilos) que ten entre os seus obxectivos establecer canles de información entre os distintos grupos de interese implicados na xestión dos servizos ambientais que proporcionan os humidais en xeral, e as turbeiras e medios higrófilos en particular.

A inscrición ás xornadas é gratuita ata completar o aforo. Para inscribirse débese enviar un correo electrónico á seguinte dirección xestioneventos@usc.es, indicando no asunto da mensaxe ?Xornadas de Conservación e Xestión de Humidais? e achegando os seguintes datos: Nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto.

Para máis información pode facer chegar as súas consultas a través do teléfono 881816329, do correo electrónico xestioneventos@usc.es, ou consultar a páxina web do Ibader: www.ibader.org .
2015: Conservación de Humidais
 
Descargas
Voltar