2015: Seminario Solos e Fertilidade


Seminario O manexo do solo e a fertilidade en Agricultura Ecolóxica 

Título: O manexo do solo e a fertilidade en Agricultura Ecolóxica   
Dirección: Xan Neira Seijo, Elvira López Mosquera, Carlos Brea Pallares.
Tipoloxia: Seminario formativo.
Sede: EPS
Datas: 6-7/02/2015
 
Organiza: EPS-IBADER
Colabora: Deputación de Lugo, SEAE, CRAEGA
Horas lectivas: 30
Límite de prazas: 50
 

Presentación

 
O IBADER en colaboración coa EPS, Deputación Provincial de Lugo,  SEAE, CRAEGA pon en marcha unha nova acción formativa sobre agroecoloxía, O manexo do solo e a fertilidade, que terá lugar os días 6 e 7 de febreiro na Escola Politécnica Superior de Lugo. A institución luguesa contribúe á celebración desta cita cunha achega económica de 2.800 euros, posto que se enmarca dentro da súa aposta pola agricultura ecolóxica como modelo de xestión do territorio, de conservación do rural lugués e de fixación de poboación, capaz de reinventarse e de contribuír á protección do patrimonio natural da provincia. 
 
O seminario, con 50 prazas, e dirixido a técnicos, profesionais, estudantes do sector e público en xeral, ten como obxectivo afondar no coñecemento das bases ecolóxicas e fundamentos agronómicos, no coñecemento do solo, na conservación da biodiversidade e no manexo da vexetación adventicia; así como no aproveitamento de recursos locais e a relación dos animais coa fertilidade do solo.
 
Programa

 
Nestas xornadas formativas sobre o solo e a fertilidade ecolóxica, nas que tamén colabora o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, recoñecidos expertos como os mestres da USC Xan Neiras, Elvira López e Marta Illera, así como asesores en agricultura ecolóxica, como Carlos Brea ou investigadores como Ramón Meco, abordarán temas como a relación do solo coa fertilidade, a conservación da biodiversidade, a calidade dos alimentos e a súa relación coa fertilización ou o manexo da fertilidade en hortos, cultivos de secaño, en hortos ecolóxicos e en praderías, entre outros. Actuacións musicais e unha cea ecolóxica complementan o programa deste seminario centrado na práctica da fertilización.
Inscricións e prazo
 
Os interesados poden inscribirse ata o 4 de febreiro na páxina web www.agroecologia.net onde atoparán máis información sobre datas, horarios ou prezo de matrícula.
2015: Seminario Solos e Fertilidade
 
Descargas
  • Triptico
Voltar