Copyright

Recursos Rurais

O envío dun manuscrito implica: que o traballo non foi publicado con anterioridade, excepto como resumo ou como parte dun libro, revista ou tese doutoral; que non se está considerando a súa publicación noutro medio; que todos os autores e se for preciso as autoridades do centro onde desenvolven o seu traballo, aceptan a súa publicación; cando o manuscrito sexa aceptado para a súa publicación, os autores aceptan ceder automaticamente o copyright á revista; o manuscrito non será de novo publicado en calquera medio ou idioma sen o consentimento dos titulares do copyright. Todos os artigos publicados nesta revista están protexidos por copyright.

Recursos Rurais non se responsabiliza da opinión nin dos contidos dos artigos.

Ao publicar en Recursos rurais, o autor cede todos os dereitos de explotación do seu artigo á Universidade de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright. Esta titularidade concede á Universidade de Santiago de Compostela o dereito exclusivo e para todo o mundo a:

  • publicar a versión final do artigo na revista e distribuílo e/ou comunicalo publicamente, tanto na revista en si como noutros medios relacionados, en formato impreso, dixital ou calquera outro que poida inventarse no futuro.
  • traducir ou realizar abstracts do artigo e distribuílos e/ou comunicalos publicamente, e autorizar ou ceder a terceiros o mesmo dereito.
  • depositar copias ou referencias do artigo en arquivos en liña tanto en plataformas propias da Universidade de Santiago de Compostela como en plataformas de terceiros autorizadas pola Universidade de Santiago de Compostela.