Copyright

O envío dun manuscrito implica: que o traballo non foi publicado con anterioridade, excepto como resumo ou como parte dun libro, revista ou tese doutoral; que non se está considerando a súa publicación noutro medio; que todos os autores e se for preciso as autoridades do centro onde desenvolven o seu traballo, aceptan a súa publicación; cando o manuscrito sexa aceptado para a súa publicación, os autores aceptan ceder automaticamente o copyright ao IBADER (Universidade de Santiago); o manuscrito non será de novo publicado en calquera medio ou idioma sen o consentimento dos titulares do Copyright.

Todos os artigos publicados polo IBADER (Recursos Rurais, Monografias do Ibader, Curso, Libros, etc), están protexidos por Copyright. Sen a autorización escrita dos titulares do Copyright, queda prohibida a reprodución total ou parcial por calquera medio gráfico ou electrónico do contido das publicacións do IBADER.

O IBADER non se responsabiliza da opinión nin dos contidos dos artigos.