Liñas de actuación

Actividades de I+D+i

 
De acordo coa memoria de creación do IBADER aprobada polo Consello de Universidades do Estado (01/12/2000), as actividades de I+D+i deberán desenvolverse sobre tres eixos básicos:  Interdisciplinaridade, Especialización e Masa Crítica.
 
A  Interdisciplinaridade considérase un factor fundamental no desenvolvemento das actividades de  IDI do  IBADER, que deben ser consideradas desde unha perspectiva interna e externa. A interna, orientada a fortalecer a colaboración e coordinación entre os distintos grupos de investigación e investigadores que forman parte do  IBADER, así como con outros grupos de investigación do Campus de Lugo. E  externamente en relación con outros centros e axentes implicados nos ámbitos de I+D+i do  IBADER, e especialmente en relación con aqueles centros dependentes das entidades públicas que forman parte do propio instituto (Consellería  do Medio Ambiente. Consellería  do Medio Rural.  Deputación Provincial de Lugo).
 
Asumindo unha perspectiva interdisciplinar, a Especialización científico-técnica resulta esencial, sobre todo cando os traballos e proxectos de investigación oriéntanse a un ámbito práctico, ben sexa na xestión dos recursos naturais, a súa explotación racional e sostible, ou na planificación do medio rural. Ámbitos de actuación que esixen na actualidade un alto grao de especialización, tanto a nivel de técnicas e ferramentas, como do persoal científico-técnico que as utiliza.
 
Finalmente, en relación co concepto de Masa crítica, o  IBADER debe ser un centro de referencia a nivel de Galicia, en relación o Medio Rural, pero capaz de establecer e manter sinerxias con outros centros e entidades de I+D+i, situados tanto en Galicia, como fóra desta, que  converxen nas liñas de actuación do  IBADER. Polo que os grupos de investigación do  IBADER, deben ser competitivos tanto a nivel internacional, estatal como autonómico, no momento de poder captar fondos para o desenvolvemento das súas actividades de I+D+i.
 
No ano 2001 a Comisión  Xestora procede a fixar as liñas de investigación do IBADER, quedando englobadas en tres grandes grupos: 1.- Conservación e xestión da biodiversidade e do medio ambiente no espazo rural. 2.- Mellora dos sistemas de explotación e novas orientacións produtivas. 3.- Planificación e estrutura  do territorio rural.
 
O Plan de acción do Instituto de  Biodiversidade Agraria e  Desenvolvemento Rural (2017), redefine as tres liñas de investigación que pasan a  reformularse como: 1.- Ambiental (Medio Ambiente). 2.- Agrosistemas. 3.- Economia Sostible. Liñas que responden aos grandes retos establecidos tanto nas estratexias de investigación realizadas na Unión Europea (Horizonte 2020), o Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia (Ris3).

En 2004, vencellado ao proceso de incorporación de novos investigadores ao IBADER, realizouse unha reformulación das liñas de investigación quedando estruturadas en 5 grandes liñas,


 
 
Liñas de I+D+i do IBADER
 
1.- Liña de Medio Ambiente (Liña Ambiental)
2.- Liña de Agrosistemas
3.- Liña de Recursos Gandeiros
4.- Liña de Alimentación Saudable e Sostible
5.- Liña de Economía Sostible