Banco de Datos

Tp 02. Vallum

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 02. Vallum


Os romanos designaban como "valla" (plural vallum), ás cercas, muros e peches, pero cando chegaron á Gallaecia puideron constatar que os nativos xa eran amigos de construír os seus propios vallum. Probablemente dende esta remota antigüidade, os muros, peches e lindes, foron e continúan sendo unha fonte de continuos litixios entre os habitantes da paisaxe galega. Pero máis alá dos problemas de propiedade, os muros e peches tradicionais constitúen un elemento singular en moitas das nosas paisaxes rurais. Fronte a eles xurdiron nas últimas décadas un amplo catálogo de elementos irritantes ao observador da paisaxe vinculados cos adiantados ou coa agregación colonial destes que se alzan como estruturas opacas, impermeables e impenetrables que responden á necesidade ancestral do adiantado primitivo en establecer un perímetro seguro fronte ás animalias e ás miradas curiosas de veciños e viaxeiros. Necesidades que na actualidade carecen de xustificación, salvo que se queira con elas favorecer a continua degradación territorial e paisaxística que sofre Galicia.
 
Un rápido percorrido pola paisaxe galega permitirá ao observador evidenciar un amplo catálogo de muros e peches de fábrica moderna, que tanto pola súa altura, coma polos materiais empregados, discrepan abertamente cos criterios pouco esixentes establecidos pola lexislación urbanística e ambiental. Á marxe do seu carácter legal, alegal ou ilegal, as novas solucións adoptadas para peches e muros representan un dos elementos máis elocuentes do fenómeno de feísmo.
 


Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader