Banco de Datos

Tp 05. Palafitta

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 05. Palafitta.


¿Como eran as primeiras vivendas dos habitantes de Galicia? A pregunta foi obxecto dunha ardua investigación polo historiador Luis Monteagudo García, quen expón as súas conclusións en dous traballos: "Galicia legendaria y arqueológica: problemas de las ciudades asolagadas" (1957) e "Palafitos. Problemas y leyendas" (1957). Neles formula a hipótese de que os antigos galegos vivían en palafitos sobre as augas das nosas lagoas, ríos e marismas, ecosistemas acuáticos que naqueles remotos tempos cubrirían unha superficie maior que a actual.
 
 
A vida nos palafitos debeu impregnar o DNA dos galegos e aínda se expresa no modo de deseñar as súas vivendas. Así no seo dos adiantados, como nos pequenos rueiros ou nas marabuntas que salpican o país, se recoñece doadamente unha construción, de tipo familiar ou colectiva, que se alza 3 ou 4 metros sobre o solo soportadas por columnas de formigón. A altura final da área habitable queda establecida a partir de cálculos precisos sobre a cota máis probable que alcanzasen as augas no próximo período diluvial.
 

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader