Banco de Datos

Tp 07. Paries nudum

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 07. Paries nudum


A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, obriga aos propietarios das zonas urbanas e rurais a conservar e manter de forma axeitada as fachadas dos edificios. O incumprimento da norma é tipificado como unha falta leve que pode ser obxecto dunha sanción estipulada entre 300 e 6.000 €. No ano 2006, segundo recolle La Voz de Galicia na súa edición do 19/12/2010, o número de construcións afectadas ascendía a decenas de miles, e por iso Urbanismo remitiu unha circular para instar aos 315 concellos a exercer as súas competencias e ordenar a conclusión das fachadas inacabadas. Algúns munícipes non só fixeron caso omiso dunha medida impopular a un ano das eleccións municipais do 2007, senón que reprocharon á Xunta ser excesivamente drástica nas súas esixencias urbanísticas. Co paso do tempo a situación non sufriu ningunha melloría, a Xunta móstrase tímida en esixir aos munícipes a aplicación da lei, e mentres isto acontece a calidade de paisaxe galega séguese deteriorando.

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader