Banco de Datos

Tp 08. Aderezos

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 08. Aderezos


No perímetro externo do adiantado, ou no rudimentario e monótono xardín de exóticas maltratadas, é frecuente atoparse con imaxes totémicas destinadas a evocar a liñaxe dos seus habitantes ou ben a invocar a protección das forzas do máis alá. De novo atopamos paralelismo nos nosos adiantados cos peches, patios e xardíns que floreceron nas antigas civilizacións de Asia e do Mediterráneo, e con esta antiga influencia parece relacionarse a abundante presenza de figuras que representan leóns en posición de descanso, curuxas gregas ou as aguias imperiais romanas. Unha segunda ondada de figuras vincúlanse con representacións de santas, santos e virxes acordes coa tradición católica, á que se unen figuras que representaban a divindades, animais reais e mitolóxicos, vexetais ou símbolos xeométricos.

O paso do tempo non eliminou este gusto, aínda que si mudaron ou se transformaron os ingredientes decorativos. O observador da paisaxe galega apreciará que os galegos seguen utilizando profusamente figuriñas de aguias, leóns ou curuxas. Aínda que en moitas ocasións a aguia imperial foi substituída pola aguia calzada americana. O mesmo acontece cos leóns, onde as figuras de porte clásico se substituíron por unha burda copia do león do florentino Donatello realizado no Século XV, que sostén coa súa pata dianteira dereita o escudo cun lirio, símbolo da libertar republicana. Tamén recente é a incorporación de aderezos de orixe e gusto xermánico como os gnomos e ananos, ou mesmo figuras de personaxes de Hollywood.

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader