Banco de Datos

Tp 10. Mors subita

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 10. Mors subita


O tipo "Palafito" atopa amplamente distribuído por Galicia e non debe confundirse con outro morfotipo de aspecto un tanto similar que forma o designado como Morte súbita (Latín: Mors subita). Con este apelativo non estamos falando dunha cervexa belga tipo Lambic de sabor afroitado derivado do uso dunha sutil mestura de fermentos salvaxes. Máis ben o nome lévanos a ese óbito inesperado, que no ámbito construtivo nos deixa na paisaxe obras públicas e sobre todo privadas inacabadas, xeralmente asañando as súas vergoñas máis íntimas, que se ven esvaídas co paso do tempo polas silveiras e as estrugas.

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader