Banco de Datos

Tp 14. Camuflaxe

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 14. Camuflaxe


A arte do camufle vai máis alá da relación presa vs depredador. Supera igualmente o significado vinculado coas manobras militares, ou coas manobras caseiras de varrer e acumular o po debaixo das alfombras. Na paisaxe a camuflaxe é unha arte destinada a agrandar os efectos nocivos do feísmo máis transgresor. Algúns ensimesmados burócratas viron na arte da camuflaxe unha solución barata e pouco comprometida para desembarazarse das críticas sociais por tantas abominacións paisaxísticas, pero catro mal plantadas especies exóticas, ou unha valla de madeira, dificilmente poden servir como apósitos para camuflar as abundantes feridas da paisaxe galega.

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader