Banco de Datos

Tp 20. Megalómano

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 20. Megalómano


O último cambio de Século coincide en Galicia cunha política de mega-estruturas: Recheos e novas instalacións do Porto de Vigo, Tren de Alta Velocidade, Cidade da Cultura de Santiago (2001), Porto Exterior do Ferrol (2001), Porto Exterior de Punta Langosteira (2005), Autovía do Cantábrico (2004), etc. No medio quedaron algúns proxectos sen concluír como a Plataforma Loxística Internacional Salvaterra - As Neves que na actualidade e tras inverter máis de 100.000.000 € en transformar unha superficie de case 3.000.000 m2, esta converteuse nunha improvisada lagoa aproveitada pola avifauna local e migratoria.
Os efectos destas obras sobre a paisaxe galega son evidentes. E esta evidencia quedo sinalada en distintos informes técnicos. Así en 1999 a Dirección Xeral de Costas emite un informe desfavorable sobre o primeiro proxecto de porto exterior para a cidade da Coruña, presentado pola Autoridade Portuaria, do que asegura que causará "a destrución total dunha das poucas paraxes costeiras virxes da Coruña". Para os técnicos, a iniciativa supón "unha agresión brutal" ao ecosistema litoral de punta Langosteira. (http://www.ingenieria-civil.org/). Non obstante no proceso final de Avaliación Ambiental todos estes aspectos foron rexeitados, dando luz verde ao proxecto e á degradación paisaxística do territorio.

 
kkkkkkkkkkkk
Castro de Punta de Muros (II Edade de Ferro) destruído durante a execución das obras do Porto Exterior de
Punta Langosteira (foto tomada de: http://www.ingenieria-civil.org/).
 
 
De todas as mega-obras galegas, a que máis críticas carrexa é a Cidade da Cultura ou tamén designada como "Cidade da Incultura" ou "Cidade do Malgasto". O arquitecto Pedro Del Llano nunha entrevista concedida ao xornal El País (12/11/2011) aclaraba algúns elementos desta faraónica obra: "A biblioteca construíuse en principio só para libros editados en Galicia ou que tratasen sobre Galicia, cando aquí apenas se editou nada ata que non empezaron a chegar as subvencións. ¿A quen se lle ocorre construír unha biblioteca máis grande que a Biblioteca Nacional de Berlín? ¿Se en Alemaña, que veñen editando libros dende Gutenberg, non viron a necesidade de facela máis grande, por que nós si? E o mesmo pasou coa hemeroteca. No século XXI unha hemeroteca é un pequeno estudio con ordenadores onde están os arquivos dixitalizados dos xornais. E ademais, deseñouse un Pazo da Ópera con tres ascensores no escenario, con capacidade para montar tres óperas nun mesmo día, coma se fose o Lincoln Center. En Nova York podes manter unha tempada de ópera durante todo o ano. Pero no resto de Europa, en Milán e Venecia, por exemplo, non se pode. E nós aquí, con pouco máis de 90.000 habitantes, podiamos permitirnos un teatro así. Contaban con que ían vir a xente de A Coruña e doutras cidades galegas. Pero é que en Galicia a xente non adoita desprazarse dunha cidade a outra para ver un concerto. E aínda que o fixesen, ¿como se pode manter o presuposto para encher de contido eses edificios? Comeranse todo o diñeiro da Consellaría de Cultura".

No desenvolvemento do proxecto da Cidade da Cultura, inclúense unhas singulares torres metálicas que nada teñen que ver co proxecto de Eisenman. Trátase das designadas Torres Hejduk, deseñadas en 1992 polo arquitecto americano John Hejduk (1929, 2000), como "torres botánicas" para ser emprazadas no parque santiagués de Belvís, aínda que a idea foi desestimada. Morto Hejduk, o seu amigo, discípulo e colega, Eisenman convence aos responsables da Xunta de Galicia en adquirir as Torres, deseñadas por "un home moi católico, que sentía un profundo respecto por Santiago", e estas finalmente se instalan no Gaiás. As torres son un elemento estraño, algún podería pensar que con elas se disimulan os evaporadores e saídas de fumes do complexo cultura tanto na paisaxe, como dentro da propia megaestrutura concibida por Eisenman, pero realmente non teñen ningunha utilidade, nin tampouco teñen nada que ver coa botánica ou coa xardinaría. Son simplemente un caprichito que nos custou aos galegos a friolera cifra de 1.000.000 €. Total un pequeno caprichiño doadamente asumido polas arcas públicas.

 

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader