Banco de Datos

Tp 24. Labyrinthus

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 24. Labyrinthus


Perderse na paisaxe resulta unha tarefa frecuente e agradable cando o viaxeiro discorre sen présa pero sen pausa ensimesmado pola beleza daquilo que percibe. No discorrer polas vastas paisaxes un debe recorrer para non se afastar da súa ruta ás marcas territoriais que identifican os fitos e as vías. "Milladoiros", "ronseis", "medoñas, "cruceiros”, serviron e serven para este fin. Pero na época do GPS o viaxeiro que empregue vehículo a motor, pedal ou cabalarías debe de absterse en parar e menos aínda en tratar de descifrar ao voo os cruzamentos de camiños invadidos por unha desbordante sinalética. De facelo probablemente un axente de tráfico o multe por distraerse na condución do seu artefacto.

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader