Banco de Datos

Tp 25. Repellentis

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 25. Repellentis


O primeiro produto plástico obtívose en 1865 disolvendo celulosa nunha solución de alcanfor e etanol coa finalidade de obter bolas de billar sen ter que recorrer ao uso do marfil. Pero a xeneralización dos materiais plásticos non se produciría ata mediados do Século XX coa comercialización do policloruro de vinilo (PVC) e do tereftalato de polietileno (PET).
 
O plástico apoderouse de moitas das nosas paisaxes: non hai praia, marisma ou sistema dunar desprovistos de envases de plásticos ou fragmentos de natureza plástica de moi distinta orixe e tamaño. O mesmo acontece en moitos ríos e ribeiras, así como en vales e serras. Pero ademais o plástico móstrase como un elemento estraño e perturbador en moitos tipos de paisaxes ao ser adoptado e substituír a materiais non industriais en distintos tipos de elementos. Da disputa entre o agricultor e as aves cantoras xurdiu o espantallo, e toda unha serie de elementos empregados como repelentes (latin repellentis) contra paxaros e diversos tipos de animalias que invaden hortas e sementeiras. Nos últimos anos o plástico apoderouse destes mesteres. O boneco de palla foi substituído por un boneco ou un manequín de plástico. Á vez que se dispoñían entre os primorosos vexetais fitas de casetes desenroladas e posteriormente de video para asustar ás tímidas aves. O mesmo cambio de tecnoloxía se produciu co emprego de materiais plásticos que se colgaban entre os cultivos, e así do escuro e mate disco de vinilo, pasouse ao relucente e brillante CD-DVD. Noutros casos recorreuse para estes mesmos fins a empregar bolsas de plástico de distintas cores. O plástico, ben na súa forma de botella ou de bolsa, tamén se empregou para delimitar territorios e propiedades ou para sinalar a situación de chantóns.

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader