Banco de Datos

Tp 27. Canalis

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 27. Canalis


Venecia é o país das canles (Latin canalis = castelán canal, galego canle), mentres que Galicia, segundo Alvaro Cunqueiro é o "país dos mil ríos". Entre eses mil cursos fluviais atopamos tramos fluviais cun bo estado ecolóxico das súas augas, e do conxunto do corredor fluvial que actúa como un reservorio efectivo para moitos dos compoñentes da biodiversidade galega. Pero tamén atopamos actuacións de cruel canalización que constitúen un claro exemplo do que non se debería realizar nun ecosistema fluvial. Entre estes últimos exemplos de aberración ecolóxica e sublime feísmo paisaxístico destacan as obras para a canalización e creación dun tramo de augas intermitentes no río Limia ao seu paso pola localidade de Xinzo de Limia. Ou a canalización efectuada en épocas máis recentes do Rego da Igrexa en As Somozas.

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader