Banco de Datos

Tp 29. Insitione

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 29. Insitione


O romano Rutilius Taurus Aemilianus Palladius (Século IV), é coñecido polo seu tratado de agricultura "Opus agriculturae" ou "Geoponicas", escrito en 13 libros, nos que se describen os principais cultivos romanos sintetizando os datos de Catón, Columella e outros agraristas clásicos. Palladius é tamén autor doutras dúas obras menores: "De veterinaria medicina" e "Carmen de Insitione" (Poema dos enxertos), escrito en verso co que trata de emular o libro X de Columella (Carmen de cultu hortorum). Etimoloxicamente o termo "enxerto" significa "introducir", e aínda que na actualidade os agrónomos renomean esta introdución á relación entre dous vexetais (unha puga e un patrón), na época romana esta relación superaba o límite do reino vexetal, describindo Palladius distintos enxertos nos que interveñen espécimes do reino vexetal con espécimes do reino animal ou do mineral. O feito poderíanos parecer de entrada estraño, pero na paisaxe galega podemos apreciar distintos exemplos de enxertos nos que participa unha parte vexetal con outra artificial, de fábrica e deseño humano.

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader