Banco de Datos

Tp 32. Cemiterio de Ferralla

Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega
Typus 32. Cemiterio de Ferralla



Carmelo Larrea é autor da canción "Dos cruces" que nunha das súas estrofas proclama "Estan clavadas dos cruces / en el Monte del Olvido / por dos amores que han muerto / sin haberse comprendido". En Galicia os nosos esquecidos e incomprendidos montes, sempre tiveron unha cruz, en ocasións a relixiosa, noutras máis frecuentemente o seu uso irracional e insostible que os transformou en montes calvos. Coa chegada da modernidade, nos montes galegos craváronse centenares de cruces, transformando os seus cumios, lombas e bocarribeiras en cemiterios de ferralla. A deterioración paisaxística vai máis alá da percepción destes peculiares cemiterios, pois con eles perdéronse os sonoros cantos dos paxaros ou o murmurio das follas das árbores, e substituíronse por un estrepitoso ruxir, que se vai incrementado cando as altas torres moven as súas pesadas pas cara ao vento.

Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader Ibader