Banco de Datos

Tipoloxía


AREAS NATURAIS PROTEXIDAS: Concepto e Tipoloxía


1.- Concepto de Areas Protexidas (Espazos Naturais)
 
O artigo 2 do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica (ONU, 1992), considera como Area Protexida: “unha área definida xeograficamente que fose designada ou regulada e administrada a fin de alcanzar obxectivos específicos de conservación”. (Descarga: CBD).
 
A Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade (BOE 299, 14/12/2007. Descarga: BOE), considera que terán a consideración de Espazos Naturais Protexidos, espazos do territorio nacional, incluídas as augas continentais, e as augas marítimas baixo soberanía ou xurisdición nacional, incluídas a zona económica exclusiva e a plataforma continental, que conteñan elementos singulares do Patrimonio Natural e da Biodiversidade ó estean dedicados especialmente á protección destes.
 
Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE 299. 14/12/2007.Texto original (Descarga: BOE).
Artículo 27. Definición de espacios naturales protegidos.
1. Tendrán la consideración de espacios naturales protegidos aquellos espacios del territorio nacional, incluidas las aguas continentales, y las aguas marítimas bajo soberanía o jurisdicción nacional, incluidas la zona económica exclusiva y la plataforma continental, que cumplan al menos uno de los requisitos siguientes y sean declarados como tales:
a) Contener sistemas o elementos naturales representativos, singulares, frágiles, amenazados o de especial interés ecológico, científico, paisajístico, geológico o educativo.
b) Estar dedicados especialmente a la protección y el mantenimiento de la diversidad biológica, de la geodiversidad y de los recursos naturales y culturales asociados.
2. Los espacios naturales protegidos podrán abarcar en su perímetro ámbitos terrestres exclusivamente, simultáneamente terrestres y marinos, o exclusivamente marinos.
 
 
A declaración de Espazos Naturais e Espazos Naturais Protexidos, deberá efectuarse en conformidade coas distintas figuras establecidas na lexislación do Estado, ou no seu caso, as que poidan establecer as Comunidades Autónomas.
 
 
2. Clasificación das Areas Protexidas (Espazos Naturais)
 

A Lei 42/2007 establece 3 grandes grupos de Areas Protexidas que inclúen as distintas figuras de espazos naturais: 1.- Areas Protexidas por Instrumentos Internacionais. 2.- Espazos Protexidos da Rede Natura 2000. 3.- Espazos Naturais Protexidos.

Este mesmo esquema mantense na lexislación galega. Así a Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, contempla os tres grupos de espazos naturais, engadindo dentro dos Espazos Naturais Protexidos ás  Microrreservas como un  subtipo das Reservas Naturais, e designando ás distintas figuras de áreas naturais da Rede Natura 2000 (Directiva Aves, Directiva Hábitat), como Espazos Protexidos Rede Natura 2000.

Acorde con estes criterios as áreas protexidas (Espazos Naturais) de Galicia distribúense segundo o seguinte esquema:
 
 
Clasificación dos Espazos Naturais (Areas Protexidas)
1.- Areas Protexidas por Instrumentos Internacionais (Lei 42/2007).
Os humidais de Importancia Internacional, do Convenio relativo aos Humidais de Importancia Internacional especialmente como Hábitat de Aves Acuáticas (Humidais Ramsar).
Os sitios naturais da Lista do Patrimonio Mundial, da Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural da UNESCO.
As áreas protexidas, do Convenio para a protección do medio ambiente mariño do Atlántico do nordeste (Convenio OSPAR).
As Zonas Especialmente Protexidas de Importancia para o Mediterráneo (ZEPIM), do Convenio para a protección do medio mariño e da rexión costeira do Mediterráneo.
As Reservas da Biosfera, declaradas pola UNESCO.
Os Geoparques, declarados pola UNESCO.
As Reservas Biogenéticas do Consello de Europa.
2.- Espazos Protexidos da Rede Natura 2000 establecidos pola Lei 42/2007 en conformidade coas Directiva Aves e o Directiva Hábitat.
Proposta de Lugar de Interese Comunitario (pLIC)
Lugar de Interese Comunitario (LIC)
Zona de Especial Conservación (ZEC)
Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)
3.- Figuras de Espazos Naturais Protexidos establecidas pola normativa Estatal (Lei 42/2007), con desenvolvemento e aplicación no seu caso pola normativa Autonómica.
Reserva Natural
Parque Nacional
Parque Natural
Monumento Natural
Paisaxe Protexida
Areas Mariñas Protexidas
4.- Figuras de Espazos Naturais Protexidos establecidos pola normativa galega
Mircorreservas (Categoria integrada en Reserva Natural)
Humidais Protexidos (HP)
Espazo Natural de Interese Local
Espazo Privado de Interese Natural
Espazo Protexido Rede Natura 2000
 
Figuras de ámbito galego derogadas
Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN)
Espazos Naturais en Reximen de Protección Xerall (ENRPX).
Espazos Naturais das Normas Subsidiarias


A maiores destas 4 categorías prevalecen no territorio español Areas Protexidas declaradas en conformidade coa Real Orden relativa a la declaración de Sitios de Interés Nacional y de Monumentos naturales de Interés Nacional (Gaceta de Madrid 203, 22/07/1927. Descarga: BOE). A primeira destas figuras será designada polo Goberno da República como Sitios Naturais de Interese Nacional, recibindo esta figura os primeiros espazos naturais galegos (Órdenes declarando sitios naturales de interés nacional los que se mencionan. Gaceta de Madrid 309, 05/11/1933, Descarga: BOE y Orden declarando sitio natural de interés nacional una parte del monte público de Alhoya, del Ayuntamiento de Túy, en la provincia de Pontevedra. Gaceta de Madrid 194, 13/07/1935, Descarga: BOE).
 
Estas declaracións non foron derrogadas de forma implícita e tampouco foron, como establecía a Ley 15/1975, de 2 de mayo, de espacios naturales protegidos. (BOE 107, 05/05/1975. Descarga: BOE), adscritas ás figuras de “espazos naturais protexidos” que quedan fixadas na devandita norma.
 
En Galicia, atopamos tamén “espazos naturais” declarados en virtude das normativas de ordenación territorial e en concreto no marco das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento. (Resolución do 14 de maio de 1991 pola que se ordena a publicación das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. DOG 116, 19/06/1991. (Descarga: DOG). DOG 117, 20/06/1991. (Descarga: DOG). DOG 132, 11/07/1991. (Descarga: DOG). DOG 133, 12/07/1991. (Descarga: DOG). DOG 134, 15/07/1991. (Descarga: DOG). DOG 135, 16/07/1991. (Descarga: DOG).
 
 
3.- Categorías de Areas Protexidas de IUCN
 
Fai máis que 25 anos, a IUCN desenvolveu un sistema preliminar de categorías para a xestión de áreas protexidas para axudar a organizalas e definilas. A intención orixinal do sistema de Categorías de Xestión de Áreas Protexidas da IUCN era crear un entendemento común e un marco internacional de referencia para as áreas protexidas tanto entre países como dentro deles. (Enlace: IUCN).
 
Hoxe en día, as categorías están aceptadas e recoñecidas por organizacións internacionais, como as Nacións Unidas e o Convenio sobre a Diversidade Biolóxica (CBD, 1992), e gobernos nacionais como o punto de referencia para definir, lembrar e clasificar as áreas protexidas. 
 
 
Categorías de Areas Protexidas (IUCN, 1994)
Categoría I. Protección estrita
Reserva Natural Estrita
Área Natural Silvestre
Categoría II: Conservación e protección do ecosistema
Parque nacional
Categoría III: Conservación dos trazos naturais
Monumento natural
Categoría IV: Conservación mediante manexo activa
Área de manexo de hábitats / especies
Categoría V: Conservación de paisaxes terrestres e mariños e recreación
Paisaxe terrestre e mariño protexido
Categoría VI: Uso sustentable dos recursos naturais
Área protexida manexada
 
 
A Lei 4/1989 introduciu en España dende unha perspectiva integral, o Dereito de conservación da natureza internacionalmente homologable, consolidando o proceso iniciado a principios dos anos oitenta do século pasado mediante a ratificación de convenios de ámbito internacional e e posteriormente coa integración do acervo lexislativo comunitario con motivo da entrada de España na Unión Europea.
 
A Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, fortalece e promove a homologación internacional na planificación e xestión dos espazos naturais, e dos compoñentes da biodiversidade.

 
Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE 299. 14/12/2007.Texto original (Descarga: BOE),
Artigo 50.
2. Para os efectos de homologación e do cumprimento de os compromisos internacionais na materia, os espazos naturais inscritos no Inventario Español de Espazos Naturais protexidos asignaranse, xunto coa súa denominación orixinal, ás categorías establecidas internacionalmente, en especial pola Unión Internacional para a Natureza (UICN).

 
IUCN (1994). Guidelines for Protected Area Management categories. CNPPA & WCMC. IUCN, Gland, Suiza y Cambridge, UK
 

4.- Mais información
 
Ramil-Rego, P., Ferreiro da Costa, J., Gómez-Orellana, L., López Castro, H., Oreiro Rey, C., Rodríguez Guitián, M.A. (2021). Áreas Naturales Protegidas, de las propuestas pioneras a los nuevos paradigmas en pro de la salvaguarda de la Naturaleza. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.

Descarga: IBADER