Banco de Datos

ZEPVN

LEXISLACION AREAS PROTEXIDAS: Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais
 
Figura Derogada pola Lei 5/2019

A Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia [DOG 149, 7/08/2019. (Descarga DOG)] declarou ás áreas protexidas da Rede Natura 2000 de ámbito autonómico, como ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS, incluíndoos nunha nova figura denominada Espazos Protexidos Rede Natura 2000, derrogando a categoría de Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) establecida na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de Conservación da Natureza [DOG 171, 04/09/2001. (Descarga: DOG)].

1.- Disposicións, estratexias e plans de ámbito Galego
 
1.1.- Normativa Xeral
 
  • Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. DOG 149, 7/08/2019. (Descarga DOG).
  • Ley 5/2019, de 2 de agosto, del patrimonio natural y de la biodiversidad de Galicia. DOG 149. 7/08/2019 (Descarga: DOG).
  • Lei 9/2001, do 21 de agosto, de Conservación da Natureza. DOG 171, 04/09/2001. (Descarga: DOG). [Disposición Derogada]
 
2.- Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) vencelladas a Rede Natura 2000
 
  • Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como zonas de especial protección dos valores naturais. DOG 69, 12/04/2004. (Descarga: DOG).
  • Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (Diario Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril). DOG 95, 19/05/2004. (Descarga: DOG).
 
3.- Outras Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN)
 
3.1.- ZEPVN Miño Neira (Prov. Lugo). [2007].
 
  • Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se aplica, provisionalmente, o réxime de zona de especial protección dos valores naturais ao espazo natural Miño-Neira. DOG 9, 14/01/2008. Descarga: DOG). 
  • Resolución do 9 de abril de 2007, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública o proxecto de orde pola que se declara provisionalmente o espazo natural Miño-Neira como zona de especial protección dos valores naturais. DOG 86, 04/05/2007. (Descarga: DOG).

NOTA do Webmaster: Tras a declaración provisional do espazo (14/01/2008), a autoridade ambiental competente en materia de áreas protexidas non iniciou o procedemento para a declaración do espazo natural Miño-Neira como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais de forma definitiva. En consecuencia dende o 14/01/2011, o "Miño-Neira" perdeu a súa condición de área protexida, aínda que se manteñen os valores, obxectivos e ameazas que determinaron a súa protección provisional.
 
ORDE do 21 de decembro de 2007 pola que se aplica, provisionalmente, o réxime de zona de especial protección dos valores naturais ao espazo natural Miño-Neira. DOG 9, 14/01/2008.
Artigo 1º.- Aplicación, de xeito provisional, do réxime de zona de especial protección dos valores naturais.
4. A aplicación provisional do réxime de zona de especial protección dos valores naturais ao espazo natural Miño-Neira terá unha vixencia máxima de tres anos. Neste prazo a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible iniciará o procedemento para a declaración do espazo natural Miño-Neira como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.