A Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia [DOG 149, 7/08/2019. (Descarga
DOG)] declarou ás áreas protexidas da Rede Natura 2000 de ámbito autonómico, como
ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS, incluíndoos nunha nova figura denominada
Espazos Protexidos Rede Natura 2000, derrogando a categoría de
Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (
ZEPVN) establecida na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de Conservación da Natureza [DOG 171, 04/09/2001. (Descarga:
DOG)].
NOTA do Webmaster: Tras a declaración provisional do espazo (
14/01/2008), a autoridade ambiental competente en materia de áreas protexidas non iniciou o procedemento para a declaración do espazo natural Miño-Neira como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais de forma definitiva. En consecuencia dende o
14/01/2011, o "Miño-Neira" perdeu a súa condición de área protexida, aínda que se manteñen os valores, obxectivos e ameazas que determinaron a súa protección provisional.
ORDE do 21 de decembro de 2007 pola que se aplica, provisionalmente, o réxime de zona de especial protección dos valores naturais ao espazo natural Miño-Neira. DOG 9, 14/01/2008. |
Artigo 1º.- Aplicación, de xeito provisional, do réxime de zona de especial protección dos valores naturais. |
4. A aplicación provisional do réxime de zona de especial protección dos valores naturais ao espazo natural Miño-Neira terá unha vixencia máxima de tres anos. Neste prazo a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible iniciará o procedemento para a declaración do espazo natural Miño-Neira como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. |